Cabalar, A Capela
parroquia civil do concello da Capela From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Cabalar[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello da Capela. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 262 habitantes (135 homes, 127 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 355 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cabalar.
Cabalar | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Cabalar. | |
Concello | A Capela[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°26′07″N 8°04′20″O |
Área | 20 km² |
Poboación | 262 hab. (2018) |
Densidade | 13,1 hab./km² |
Entidades de poboación | 22[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
Esta parroquia localízase a unha altitude de 450 m, e é limítrofe coa Mourela (Neda) e sitúase a escasos quilómetros da casa do concello, no lugar das Neves. Está atravesada polo río Belelle e o río Xuvia-Castro.
Clima
A climatoloxía de Cabalar é de tipo oceánico húmido con algunhas características de clima continental. A temperatura oscila entre os 0 °C que pódense alcanzar no inverno aos 37 °C de máxima no mes de agosto, cunha temperatura media anual de 12 °C. É un clima propicio para a conservación das Fragas do Eume.
Fauna e flora
Esta zona caracterízase polo predominio de carballos, bidueiros e ameneiros. Conta cunha gran riqueza paisaxística e xeolóxica. Tamén posúe moitas especies de animais en liberdade, os cales posúen os bosques de Cabalar como hábitat natural, como os xabarís, raposos e corzos.
Patrimonio
A igrexa parroquial foi construída en estilo barroco durante o século XIX. Presenta unha planta rectangular cunha soa nave e no seu interior, no centro, unha imaxe de Santa María, a patroa da parroquia. A igrexa pertence a diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao arciprestado de Ortegal-As Pontes.
Hai varios muíños ao pé do río que se poden visitar. Conta cun museo etnográfico aberto ao público os xoves e venres polas mañás e sábados e festivos pola tarde.
Festas
As festas parroquiais de Santa María celébranse o 15 e o 16 de agosto.
Gastronomía
O requeixo elabórase nesta zona dende hai moitos anos, posúe unhas características especiais que fan que se diferencie do producido noutras zonas.
Galería de imaxes
- Tramo da ruta do Belelle.
- Ferrería hidráulica en ruínas.
- Merendeiro na ruta do Belelle.
- Tramo do río Belelle.
- Cruceiro situado ao lado da igrexa.
- Cartel informativo en Cabalar.
Lugares e parroquias
Lugares de Cabalar
Lugares da parroquia de Cabalar no concello coruñés da Capela | |
---|---|
O Barreiro | A Bouza | A Buíña | O Cadaval | Os Carballás | A Castiñeira | O Coto | Os Enxertados | Fiúnte | Formariz | Fornelos | A Grúa | Guillurfe | A Igrexa | O Machuco | Martín | O Penedo | O Pouso | Os Roxedoiros | O Teixo | Vilar de Mouros |
Parroquias da Capela
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Capela | |
---|---|
Caaveiro (San Boulo) | Cabalar (Santa María) | A Capela (Santiago) |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.