Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O receptor de interleucina 8, alfa (IL8RA) é un receptor de quimiocinas. O seu xene humano é IL8RA. O IL8RA tamén foi designado como CD181 e CXCR1. CXCR1 é agora o nome recomendado polo Comité sobre Nomenclatura de Receptores e Clasificación de Fármacos da IUPHAR.
PDB 1ilp | |
Receptor (motivo C-X-C) 1 de quimiocinas (Chemokine (C-X-C motif) receptor 1) | |
Identificadores | |
Símbolo | CXCR1 ; C-C; C-C-CKR-1; CD128; CD181; CDw128a; CKR-1; CMKAR1; IL8R1; IL8RA; IL8RBA |
Entrez | 3577 |
HUGO | 6026 |
OMIM | |
RefSeq | NP_000625 |
UniProt | P25024 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 2 :(219.03 – 219.03 Mb) |
A proteína codificada por este xene é membro da familia do receptor acoplado á proteína G. Esta proteína é un receptor da interleucina 8 (IL8). Únese a IL8 con alta afinidade, e transduce o sinal a través dun sistema de segundo mensaxeiro activado pola proteína G. Os estudos knockout en ratos indican que esta proteína inhibe a migración dos precursores dos oligodendrocitos embrionaria na medula espiñal en desenvolvemento. O xene IL8RA, xunto con IL8RB, que codifica outro receptor de alta afinidade de IL8, e IL8RBP, que é un pseudoxene de IL8RB, forman un cluster de xenes na rexión do cromosoma 2 q33-q36. Existen variantes de splicing.[1] A estimulación de CXCR1 en neutrófilos polo seu ligando primario a interleucina 8, causa a activación e quimiotaxe dos neutrófilos.[2]
O bloqueo de CXCR1 (por exemplo con repertaxina[3]) inhibe algunhas células nai de cancro de mama humano (in vitro e en ratos).[4]
O CXCR1 pode ser clivado e inactivado por serina proteases derivadas de neutrófilo (NSPs), o que orixina a disfunción de neutrófilos e altera a morte de bacterias na enfermidade pulmonar da fibrose quística.[5]
O receptor de interleucina 8, alfa presenta interaccións con GNAI2.[6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.