Córtex prefrontal
From Wikipedia, the free encyclopedia
O córtex prefrontal ( PFC ) ou codia prefrontal é a parte anterior do lóbulo frontal do cerebro, situado por diante do córtex motor primario e do córtex premotor. Esta rexión do cerebro está relacionada coa planificación de comportamentos e pensamentos complexos, a expresión da personalidade, a toma de decisións e a modulación do comportamento social.[1] A actividade básica desta rexión é o resultado de pensamentos e accións de acordo cos obxectivos internos.[2][3]
Córtex prefrontal | |
---|---|
![]() | |
Áreas de Brodmann en vista lateral. Segundo BrainInfo, as áreas #8, #9, #10, #11, #44, #45, #46 e #47 están todas na rexión anterior. | |
Latín |
Cortex praefrontalis |
Vascularización | arteria cerebral media ; arteria cerebral anterior
seo saxital superior |
Drenaxe venosa | seo saxital superior |
MeSH | Prefrontal + Corteza |
Termo
Os termos córtex prefrontal, literalmente do latín cortex (codia) praefrontalis e codia prefrontal son correctos.
Tanto cortiza ou corteza foron rexeitados.[4]
Funcións
Función executiva
O proceso neuropsicolóxico máis importante relacionado co córtex prefrontal é a función executiva. Esta refírese ás habilidades para diferenciar pensamentos en conflito, consecuencias futuras das actividades actuais, traballar cara a un obxectivo definido, predición de feitos, expectativas baseadas na acción e control social. A planificación, a toma de decisións, o control inhibitorio, a atención e a memoria de traballo considéranse funcións que poden clasificarse como funcións executivas, cunha activación predominante do córtex prefrontal. O córtex prefrontal ten unha importante implicación para o comportamento social. As alteracións nas funcións relacionadas co córtex prefrontal conducen a unha maior impulsividade, agresividade e insuficiencia social.[5]
Galería
Estas imaxes da área 10 de Brodmann dan unha idea clara dunha rexión particular do córtex prefrontal.
- Animación.
- Vista frontal.
- Vista lateral.
- Vista medial.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.