Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
As células estreladas son neuronas do sistema nervioso central, denominadas así pola forma de estrela que lle dan os seus procesos dendríticos que irradian desde o corpo celular. Moitas células estreladas son GABAérxicas e están localizadas na capa molecular do cerebelo.[1] As células estreladas derivan da división de células proxenitoras da substancia branca do cerebelo posnatal. As árbores dendríticas poden variar entre neuronas. Hai dous tipos de árbores dendríticas no córtex cerebral, as cales inclúen células piramidais, que teñen forma de pirámide, e células estreladas, con forma de estrela. As dendritas son tamén útiles para a clasificación. As dendritas con espiñas clasifícanse como espiñosas, e as que carecen de espiñas son aespiñosas.[2] As células estreladas poden ser espiñosas ou aespiñosas, mentres que as células piramidais son sempre espiñosas. As células estreladas máis comúns son as interneuronas inhibitorias atopadas dentro da metade superior da capa molecular do cerebelo.[3] As células estreladas cerebelares fan sinapse en árbores dendríticas das células de Purkinje e envían sinais inhibitorios.[4] As neuronas estreladas atópanse ás veces noutras localizacións no sistema nervioso central; as células estreladas espiñosas corticais atópanse na capa IVC do córtex visual primario.[2] No córtex do barril somatosensorial dos ratos e ratas, as células estreladas espiñosas glutamatérxicas (excitatorias) están organizadas nos barrís da capa 4.[5] Reciben fibras sinápticas excitatorias procedentes do tálamo e procesan excitación de anteroalimentación (feed forward) á capa 2/3 do córtex visual primario a células piramidais. As células estreladas espiñosas corticais teñen un padrón de disparo de impulsos "regular". As células estreladas son cromófobas, é dicir, son células que non se tinguen doadamente, o que explica que aparezan relativamente pálidas vistas ao microscopio.
As células estreladas cerebelares son inhibitorias e GABAérxicas.[6] As células estreladas e as células cesta orixínanse na zona ventricular cerebelar (CVZ) xunto con células de Purkinje e a glía de Bergmann[7][8] Debido á súa semellanza, as células estreladas e as células cesta agrúpanse cando se examinan durante a migración, especialmente dado que seguen o mesmo camiño. Despois da mitose, estas células empezan a súa viaxe na capa profunda da substancias branca e migran pola capa granular interna (IGL) e a capa de células de Purkinje (PCL)[9] ata chegaren á capa molecular. Durante a súa presenza na capa molecular, cambian de orientación e posición ata que finalmente acaban na porción media desa capa, enfrontadas en dirección rostrocaudal.[10] Unha vez nesta capa, as células estreladas son guiadas ao seu lugar correcto polas células gliais de Bergman.[11]
As células estreladas GABAérxicas aespiñosas atópanse no córtex somatosensorial. Ademais da clasificación visual das dendritas aespiñosas, poden ser etiquetadas inmunohistoquimicamente con ácido glutámico descarboxilase (GAD) debido á súa actividade GABAérxica, e ocasionalmente colocalízanse con neuropéptidos.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.