From Wikipedia, the free encyclopedia
Buscando el norte é unha serie de televisión cómica española producida por Aparte Producciones para a súa emisión en Antena 3. É a adaptación do filme Perdiendo el norte. A súa estrea foi o 10 de febreiro de 2016.
Formato | Comedia |
---|---|
Intérpretes | Belén Cuesta Antonio Velázquez Terele Pávez Silvia Alonso Goizalde Núñez Fele Martínez Jesús Carroza Elisa Mouliaá |
País de orixe | España |
Episodios | 8 |
Duración | 90 min aprox. |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeiro episodio | 10 de febreiro de 2016 |
Derradeiro episodio | actualidade |
Na rede | |
http://www.antena3.com/series/buscando-el-norte/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Álex (Antonio Velázquez), un enfermeiro, e a súa irmá Carol (Belén Cuesta), unha deseñadora gráfica, que deciden irse a Berlín ante o pobre panorama do mercado laboral español. Con eles irase Manuela (Elisa Mouliaá) a noiva de Álex, de 30 anos e tola da planificación. Tanto que, nos 8 anos de relación co enfermeiro xa decidiu cando e como tiña que coñecer aos seus pais, cando e como Álex debía pedirlle matrimonio, que anel teríalle que regalar ou que hipoteca habería de asinar.
Lucas (Fele Martínez) é un home de 37 anos que traballaba como funcionario nun concello. Esa era a súa meta na vida, ter un traballo tranquilo e unha vida moderadamente resolta. Conseguiría o seu soño de non ser por Flor (Bárbara Santa-Cruz), a súa muller, que ten outras metas. Ela é executiva dunha grande empresa e ten que trasladarse a Berlín, polo que Lucas deberá renunciar á súa praza no concello e marchar xunto á súa esposa a Alemaña.
Adela (Silvia Alonso) é unha moza filóloga xermánica establecida en Berlín como profesora de clases de alemán, colaborando cunha axencia para facilitar as oportunidades laborais dos emigrantes que recibe Alemaña. En canto á súa situación persoal, Adela é filla única e, sendo abandonada polo seu pai, tratará de mellorar as condicións de vida da súa nai axudándoa a pagar as súas facturas. O seu pai (Luis Zahera) aparecerá para instalarse con ela.
Nines (Terele Pávez) é unha granadina que emigrou a Alemaña na súa mocidade, e agora pasa os seus últimos días nunha residencia de anciáns. Chus (Goizalde Núñez) é unha española que tivo que separarse dos seus fillos porqué tiña que irse ao país xermánico a buscar un traballo e a reencontrarse co seu home (Jorge Bosch) que xa emigrara anteriormente. Arturo (Jesús Carroza) é o mellor amigo de Álex.
Ulrike (Kimberley Tell) é a responsable da residencia alemá onde Nines vive e na que acaba Álex traballando. Os seus pais, Marcelino e Anke (Ferran Rañé e Gillian Apter), son propietarios dun bar na capital alemá, lugar de reunión para os emigrantes españois.
O primeiro episodio da serie estreouse de maneira simultánea en tres canles do grupo Atresmedia: Antena 3, Neox e Atreseries.[1]
As audiencias do primeiro episodio foron en total (4.246.000 e 23,4%):
Tempada | Episodios | Estrea | Final | Audiencia media | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Espectadores | Share | ||||||
1 | 8 | 10 de febreiro de 2016 | 6 de abril de 2016 | 2 755 000 | 15,3%[2] | ||
N.º (serie) |
N.º (temp.) |
Título | Director(es) | Data de emisión | Audiencia |
---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | "El sueño inglés" | Antonio Sánchez Olivas | 10 de febreiro de 2016 | 3 466 000 (19,1%) |
2 | 2 | "Berlín para principiantes" | Antonio Sánchez Olivas | 17 de febreiro de 2016 | 3 765 000 (20,7%) |
3 | 3 | "Los alemanes son de Marte y los españoles de Venus" | Oriol Ferrer | 24 de febreiro de 2016 | 2 391 000 (12,9%) |
4 | 4 | "La soledad del corredor de fondo" | Oriol Ferrer | 2 de marzo de 2016 | 2 744 000 (15,8%) |
5 | 5 | "Fútbol es fussball" | Javi Luna | 9 de marzo de 2016 | 2 520 000 (13,9%) |
6 | 6 | "Mentiras arriesgadas" | Javi Luna | 16 de marzo de 2016 | 2 274 000 (12,9%) |
7 | 7 | "Amar por encima de nuestras posibilidades" | Oriol Ferrer | 30 de marzo de 2016 | 2 634 000 (14,5%) |
8 | 8 | "La tormenta perfecta" | Oriol Ferrer | 6 de abril de 2016 | 2 246 000 (12,3%) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.