localidade escocesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Burghead (en scots: Burgheid[1] ou The Broch,[2] en escocés: Am Broch) é unha pequena vila en Moray, Escocia, que se atopa a 13 quilómetros ó noroeste de Elgin. A vila está construída sobre unha península que se proxecta cara ó noroeste formando o fiorde de Moray, o cal fai que a vila estea rodeada polo mar por tres dos seus lados.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Escocia | |||
Concello | Moray (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 1.910 (2016) | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Páxina web | burghead.com |
A vila actual foi construída entre 1805 e 1809, destruíndo no proceso máis da metade dun importante sitio arqueolóxico picto, un castro. O mapa do xeneral Roy amosa as defensas que existiron até o século XVIII pero que atribuíu erradamente ós romanos. O castro foi probablemente un importante poboado picto e alí foron encontradas lousas esculpidas con touros, que son coñecidas como "Burghead Bulls". Descubriuse tamén unha cámara cun pozo de considerable antigüidade en 1809 e as paredes e un teito foron engadidos máis tarde para axudar a preservalo. Cada ano o 11 de xaneiro celébrase un festival do lume coñecido como "Burning of the Clavie". Crese que o festival data do século XVII mais facilmente podería ser moito máis antigo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.