Brook Lopez

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Brook Lopez

Brook Robert Lopez, nado no barrio de North Hollywood, nos Ánxeles, o 1 de abril de 1988, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA). Mide 2,13 metros e xoga na posición de pivote.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Brook Lopez
Thumb
Biografía
Nacemento1 de abril de 1988 (36 anos)
North Hollywood, Estados Unidos de América (pt)
EducaciónUniversidade Stanford
San Joaquin Memorial High School (en)
Altura213 cm
Peso118 kg
Actividade
Ocupaciónbaloncestista
Período de actividade2008 -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Deportebaloncesto
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association
Posición de xogoPivote
Número deportivo11
Convocado porBrooklyn Nets
Traxectoria
  Equipo
Estados Unidos de América
2006–2008 Stanford Cardinal men's basketball
2008–2017 Brooklyn Nets
2017–2018 Los Angeles Lakers
2018– Milwaukee Bucks
Participou en
2019Campionato do Mundo de Baloncesto de 2019
Familia
IrmánsRobin Lopez

Pechar

É irmán xemelgo de Robin Lopez, elixido polos Phoenix Suns no mesmo draft. Ambos os dous son fillos dun emigrante cubano, Heriberto Lopez, e da estadounidense Deborah Ledford, que foi olímpica en natación.[1]

Traxectoria

Universidade

Xogou durante dúas tempadas xunto co seu irmán cos Cardinals da Universidade de Stanford. Na súa primeira tempada fixo 12,6 puntos, 6,0 rebotes e 1,7 tapóns, o que lle valeu para ser incluído no mellor quinteto de novatos da Pacific Ten Conference. Na súa segunda tempada liderou ao seu equipo en puntos (19,3 por partido), e rebotes (8,2), sendo o terceiro da liga en tapóns (2,1). En marzo de 2008, tanto el coma o seu irmán anunciaron a súa intención de presentarse ao Draft da NBA.[2] No total da súa traxectoria universitaria fixo 16,0 puntos e 7,1 rebotes por partido.[3]

Profesional

Foi elixido na décima posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos New Jersey Nets, equipo polo que asinou contrato por dúas tempadas, con opción a outras dúas, por 1,7 e 1,8 millóns de dólares respetivamente as dúas primeiras campañas.[4] Na súa primeira campaña na liga disputou o Rookie Challenge e foi incluído no mellor quinteto de rookies da liga tras facer 13 puntos, 8.1 rebotes e 1.9 tapóns, xogando os 82 partidos de liga regular. Rematou terceiro na votación do Rookie do ano da NBA.

O 22 de xuño de 2017, Lopez foi traspasado ós Los Angeles Lakers xunto os dereitos de Kyle Kuzma, a cambio de D'Angelo Russell e Timofey Mozgov.[5]

O 17 de xullo de 2018, Lopez asinou cos Milwaukee Bucks.[6]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.