From Wikipedia, the free encyclopedia
Os bronces de Benín son unha colección formada por máis de 1 000 pezas[1] conmemorativas que proveñen do pazo real do reino de Benín. Foron creadas polo pobo Edo dende o século XIII, e os británicos fixéronse coa maioría en 1897.[2] 200 delas foron levadas ó Museo Británico, mentres que o resto se repartiu entre outros museos.[3] Actualmente unha parte aínda está no Museo Británico, na sala 25 (sección de África).[2] Outras partes da colección están nos Estados Unidos de América e Alemaña,[4] entre outras.
Os bronces de Benín fixeron aumentar o aprecio de Europa pola cultura africana e a arte tribal. Inicialmente, ós europeos do século XIX parecíalles imposible e incrible que xente que consideraban tan «primitiva» e «salvaxe» fosen quen de crear obxectos tan desenvolvidos.[5] Mesmo se chegou á conclusión de que aprenderan eses coñecementos dos portugueses.[5] Porén, sábese que os bronces se facían en Benín dende o século XIII, e que boa parte das coleccións datan dos séculos XV e XVI. Crese que os dous períodos dourados da creación de bronces foron o reinado de Esigie (~1550) e de Eresonye (1735-50).[6]
Aínda que comunmente son chamados bronces de Benín, non tódalas pezas son deste material. Tamén as hai feitas de latón, ou de aliaxes de bronce e latón;[7] de madeira, cerámica, marfil, etc.[8] Están feitas empregando a técnica de cera perdida,[9] e están consideradas as mellores esculturas feitas deste xeito.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.