Remove ads
rei dos pictos de 560 a 584 From Wikipedia, the free encyclopedia
Bridei I, fillo de Maelchon,[1] foi rei dos pictos até a súa morte ó redor de 584 a 586. Bridei é mencionado por primeira vez nos anais irlandeses en 558-560, cando os Anais do Ulster relatan "a migración anterior do fillo de Máelchú, ou sexa, do rei Bruide".[2] O analista do Ulster non di quen fuxiu, mais os posteriores Anais de Tigernach refírese á "fuga dos escoceses antes de Bruide, fillo de Máelchú" en 558. Isto ten provocado considerábeis especulacións nalgúns casos como, nunha versión, dos Anais do Ulster podendo asociar iso coa morte de Gabrán mac Domangairt.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI |
Morte | 584 (Gregoriano) |
Lista de reis dos pictos | |
554 – 584 ← Galam Cennalath – Gartnait II → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Pai | Maelgwn Gwynedd (presumiblemente) |
Como un contemporáneo e un dos principais reis da Escocia, Bridei aparece na Vida de San Columba, de Adomnán.[3] O relato de Adomnán sobre Bridei é problemático na medida en que non nos di se Bridei xa era un cristián e, se non, se Columba o converteu. Os recentes descubrimentos arqueolóxicos en Portmahomack, mostran que había unha comunidade monástica, talvez xa ó final do século VI, que pode ofrecer algún apoio para a idea de que Bridei ou xa era un cristián, polo menos no nome, ou foi convertido por Columba.
É unha cuestión de rexistro que Bridei non era só rei en Pictland. A morte de Galam - chamado "Cennalath, rei dos Pictos" - é rexistrado en 580 polos Anais do Ulster, catro anos antes da morte de Bridei. Alén diso, Adomnán menciona a presenza do "sub-rei das Orcadas" na corte de Bridei.[4] Os Anais do Ulster relatan dúas expedicións para Orkney durante o reinado de Bridei, ou, como parece igualmente probábel, unha expedición dúas veces, en 580 e 581.
A capital do reino de Bridei, que pode corresponder máis tarde a Fortriu, non é coñecida. Adomnán di que despois de deixar a corte real, Columba chegou ó río Ness, e que a corte ficaba no alto dunha rocha escarpada. Así, é xeralmente suposto que a residencia principal de Bridei ficaba en Craig Phadrig, no oeste da actual Inverness con vista para o Beauly Firth.
A morte de Bridei é relatada na década de 580, talvez na batalla contra rivais pictos en Circinn, unha área que talvez corresponda a Mearns. As listas de reis da Crónica dos Pictos concordan que Bridei foi sucedido por Gartnait, fillo de Domelch.
John Morris, no seu Age of Arthur, suxire que Bridei era fillo de Maelgwn Gwynedd, cando el se refire na pasaxe e sen fontes, a "... Bridei, fillo de Maelgwn, o poderoso rei do norte do País de Gales ...". Aínda que o libro fose un éxito comercial, é criticado por historiadores como unha fonte non confiábel de información "enganosa e equivocada".
A triloxía de Juliet Marillier, The Bridei Chronicles é escrita como unha combinación de ficción, historia e conxecturas sobre este ascenso do rei ó poder e ó goberno. As súas novelas tamén describen eventos da vida de Bridei III.
Predecesor: Galam Cennalath |
Rei dos pictos 554 - 584 |
Sucesor: Gartnait II |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.