BremSat
Satélite artificial alemán. From Wikipedia, the free encyclopedia
Satélite artificial alemán. From Wikipedia, the free encyclopedia
BremSat foi un satélite artificial alemán lanzado desde a bodega de carga do transbordador espacial Discovery durante a misión STS-60.
BremSat | |
---|---|
Lanzamento do BremSat desde a bodega de carga do Discovery. O satélite é o azul cara ao centro e a esquerda da imaxe. | |
Tipo | Experimental/tecnolóxico. |
Organización | ZARM |
Data de lanzamento | 12 de febreiro de 1995[1][2][3] |
Foguete portador | Transbordador espacial Discovery[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2] |
Obxectivo da misión | Estudos en microgravedade e sobre a reentrada atmosferica.[2][4] |
Regreso | 12 de febreiro de 1995[1] |
NSSDC ID | 1994-006H |
Masa | 63 kg[2][4][5] |
Dimensións | Dodecaedro de 48 cm de diámetro e 52 cm de altura.[2] |
BremSat foi construído polo Centro de Tecnoloxía Espacial Aplicada e Microgravidade (ZARM polas súas siglas en alemán), pertencente á Universidade de Bremen co patrocinio da Axencia Espacial Alemaña. Tiña forma de dodecaedro de 48 centímetros de diámetro e 52 centímetros de altura.[2]
O satélite foi inxectado nunha órbita inicial de 363 x 344 quilómetros e cunha inclinación orbital de 56,9 graos e reentrou na atmosfera o 12 de febreiro de 1995.[2]
A misión de BremSat dividiuse en tres fases:[2]
Os obxectivos eran facer medicións de condutividade de calor, forzas de aceleración residuais, estimar a calidade da microgravedade a bordo, investigar a distribución de densidade e a dinámica dos micrometeoritos e das partículas de po en órbita baixa da Terra, cartografar a distribución de oxíxeno atómico, medir o intercambio de momento e enerxía entre o fluxo molecular e o satélite en rotación e medir a presión e temperatura durante a reentrada atmosferica.[2]
O satélite levaba a bordo un volante de inercia e bobinas magnéticas, un magnetómetro e sensores solares e estelares.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.