Brate
pai de Breogán From Wikipedia, the free encyclopedia
Brate,[1][2] tamén coñecido como Brath ou Breo na mitoloxía celta, foi o pai de Breogán, morto durante a conquista de Iberia.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Brath.
Historia
Segundo o Lebor Gabála Érenn, Brath descendería de Sru, da estirpe dos Gaels (gaélicos), liderando unha expedición saída de Exipto na procura dunha "terra para todos" profetizada por un druída. Brath chegaría a Iberia como líder tras fracasar na conquista de Sicilia. A súa morte, nunha das batallas de conquista do territorio, deixaría a tarefa aberta para que a rematase o seu fillo.
Tense procurado unha explicación histórica ao mito na suposta orixe de Brath dende o grupo celta dos gálatas de Asia Menor, de onde serían expulsados migrando novamente cara a Occidente.
Este Brath é en gaélico o que en galego é Breo, de tal xeito que Breogán é o fillo de Breo, Breo genus.
Xenealoxía
Brate | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Breogán | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Breogha | Cuailgne | Muirtheimhne | Ite | Bile | Cualu | Fuad | Bladh | Eibhle | Nár | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lughaidh | Míl Espáine | Scota | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Érimón | Eber Finn | Amergin Glúingel | Éber Donn | Fial nic Miled | Dill nic Mil | Ír mac | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.