Río Brahmaputra
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Brahmaputra (en sánscrito ब्रह्मपुत्र, "o fillo de Brahmā") é un dos ríos máis longos de Asia.
Tipo | rio internacional (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Asia | ||||
País da cunca | República Popular da China e India | ||||
División administrativa | Assam, India | ||||
Final | |||||
Localización | Golfo de Bengala | ||||
| |||||
Afluentes | 22 | ||||
Conca hidrográfica | Brahmaputra Basin (en) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 2.900 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 651.334 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 19.500 m³/s | ||||
Nace no glaciar Kubigangri, cerca do monte Kailāsh, no Himalaia, e discorre en dirección leste por territorio chinés pola parte oeste do Tíbet, pasando cerca de Lhasa, coñecéndose como Yarlung Tsangpo en tibetano.
Despois dun percorrido de 2.896 km desauga no golfo de Bengala, en Bangladesh, formando parte do delta do Ganxes, o maior delta do mundo.
Na zona central de Bangladesh divídese en dous brazos, dos que o principal é o río Jamuna, nome co que é coñecido nesa rexión, e o outro, de menor caudal, o río Shitalakshya.
O seu percorrido pola zona tropical fai do seu val un dos máis ricos en diversidade biolóxica do mundo. As súas principais inundacións permiten a fertilización do solo, aínda que son devastadoras.
Na súa parte máis baixa, o río considérase sagrado para os hindús, e se utiliza para o transporte de produtos agrícolas.
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.