álbum de U2 From Wikipedia, the free encyclopedia
Boy é o álbum de estrea da banda irlandesa de rock U2, editado o 20 de outubro de 1980 a través do selo Island Records. O disco inclúe o primeiro sinxelo da banda que foi un éxito no Reino Unido, "I Will Follow". O disco foi producido por Steve Lillywhite e contén cancións do repertorio de 40 temas que o grupo tiña na época, incluídos dous temas regravados do seu primeiro lanzamento, o EP Three.
Boy | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de U2 | ||||
Publicado | 20 de outubro de 1980 | |||
Gravación | marzo - setembro de 1980 | |||
Estudio(s) | Windmill Lane Studios, Dublín | |||
Duración | 42:14 | |||
Xénero(s) | rock, post-punk | |||
Selo(s) | Island Records | |||
Produtor | Steve Lillywhite | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
http://www.u2.com/discography/index/album/tagName/Albums/albumId/4003 | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
O lanzamento de Boy foi seguido da primeira xira de U2 pola Europa continental e os Estados Unidos.
Orixinalmente Boy ía ser producido por Martin Hannett, un produtor moi demandado na época polo seu aclamado traballo con Joy Division. Hannett encargárase da produción do primeiro sinxelo de U2 con Island Records, "11 O'Clock Tick Tock", pero a banda non tivo unha boa experiencia traballando con el, polo que Island abandonou a idea de que producise o disco debido ás obxeccións da banda.[1] Hannett estaba ademais moi afectado polo suicidio en maio de 1980 de Ian Curtis, o líder de Joy Division, polo que quedou temporalmente incapacitado para traballar.[1] O A&R de Island Nick Stewart dixo: "Martin nesa etapa non se atopaba ben; parecía que estaba sufrindo unha pequena sobredose dunha ou doutra cousa".[1]
Buscando un substituto, Island enviou unha copia do primeiro lanzamento de U2, o EP Three (1979), a Steve Lillywhite para medir o seu interese en traballar con eles.[2] Ao escoitar o disco gustoulle a voz pero "non soaba moi ben". Antes de decidirse a traballar co grupo, quería velos tocar ao vivo para facerse unha idea do potencial enfoque creativo que tomaría no estudio. Tras visitar Irlanda para ir a un concerto deles nun pequeno salón dunha escola, Lillywhite quedou convencido de subirse ao carro, pensando, "Meu Deus, hai algo nisto". Despois accedeu a producir un sinxelo para eles, "A Day Without Me".[3] Aínda que a canción non entrou nas listas, U2 descubriu que poderían traballar amigablemente con Lillywhite e accedeu a que producise o seu álbum de estrea.[2]
Tódolos temas escritos e compostos por U2.
Cara 1 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "I Will Follow" | 3:40 | |||||||
2. | "Twilight" | 4:22 | |||||||
3. | "An Cat Dubh" | 4:46 | |||||||
4. | "Into the Heart" | 3:27 | |||||||
5. | "Out of Control" | 4:12 |
Cara 2 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Stories for Boys" | 3:04 | |||||||
2. | "The Ocean" | 1:34 | |||||||
3. | "A Day Without Me" | 3:12 | |||||||
4. | "Another Time, Another Place" | 4:31 | |||||||
5. | "The Electric Co." | 4:47 | |||||||
6. | "Shadows and Tall Trees" (contén unha pequena peza instrumental nalgunhas copias) | 5:13 | |||||||
42:52 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.