festa secular celebrada o día seguinte ao día de Nadal From Wikipedia, the free encyclopedia
Boxing Day é o nome usado en moitos países de fala inglesa para designar unha festa secular celebrada o día seguinte ao día de Nadal, é dicir, o 26 de decembro.
Na actualidade a xornada é unha ocasión de rebaixas, sendo unha das xornadas comerciais máis concorridas nos países onde se celebra, concretamente no Canadá.[1] Normalmente é o primeiro día despois do Nadal, polo que a xente pode intercambiar presentes non desexados e trocar vales-agasallo.
No Reino Unido o Boxing Day, ademais de ser unha festa bancaria e relixiosa (é o día de santo Estevo, santo moi popular entre os católicos), tamén é unha data conmemorativa en relación ao fútbol, cunha quenda completa de partidos que se desenvolven de todas as divisións do fútbol británico neste día.
No Brasil o Boxing Day comezou a gañar espazo en 2011, a partir do traballo da web Busca Escolhas. A data moveu 81,6 millóns de BRL no comercio electrónico en 2012 -un aumento do 39% con respecto ao ano anterior-, segundo un estudo Ebit. En total, realizáronse máis de 200.000 pedidos e participaron na promoción grandes páxinas web, como Shoptime e Saraiva.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.