Botaurus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Botaurus
Remove ads
Remove ads

Botaurus é un xénero de aves limícolas chamadas abetouros da familia das garzas, do que existen 4 especies actuais. O nome do xénero deullo o naturalista inglés James Francis Stephens, e deriva do latín butaurus.[1] Plinio o Vello derivou o nome de Bos (boi) e taurus (touro), porque as chamadas desta ave semellan o son dun touro urrando.[2]

Máis información Clasificación científica, Especies ...

O xénero ten unha soa especie representativa en cada continente, un en América do Norte, outro en América Central e América do Sur, un en Eurasia e outro en Australasia. As dúas especies do norte son parcialmente migratorias, e moitos dos individuos van a zonas máis cálidas en inverno.

Os catro abetouros son aves grandes, robustas, marróns con plumaxe bandeado, que se reproducen en xunqueiras. A femia cría ela soa os polos, o que é raro nunha ave predadora.[3] Son animais moi discretos, ben camuflados e difíciles de ver malia o seu tamaño, a non ser en avistamentos ocasionais en voo.

Igual que outras especies da súa familia, comen peixes, ras, e outros seres acuáticos pequenos.

Remove ads

Especies

Máis información Imaxe, Nome científico ...

Notas

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads