Fangorn (Sindarin: [Fangaorne]; "Árbore Barba"), no legendarium de J. R. R. Tolkien, é unha fraga situada no continente ficticio da Terra Media, lar dos pastores de árbores ou Ents. O seu nome pode provir do máis vello dos Ents, Bárbore, ou viceversa: Tolkien admite que existe confusión acerca de ambos. O Bosque de Fangorn desempeña un importante papel na novela O Señor dos Aneis, ao igual que o Bosque Escuro, Doriath e Lothlórien. Nel é onde os hobbits Meriadoc Brandigamo e Peregrin Tuc coñecen a Bárbore, o cal desencadea toda unha serie de acontecementos de decisiva importancia para a historia.
Etimoloxía
"Fangorn" é o nome orixinal do Ent Bárbore, o máis vello da súa especie, gardián da fraga homónima na que habita. Amais, na lingua ficticia do Sindarin deriva de "fanga", que significa "barba", e mais "orne" que significa "árbore". Os habitantes do reino de Rohan coñecen o Bosque de Fangorn como "Entwood"
Semella que o Bosque de Fangorn tiña varios nomes, pois n' O Señor dos Aneis Bárbore fai alusión a el usando varias formas en Quenya, entre as que se atopan: Ambaróna, Tauremornalómë, Tauremorna e Aldalómë. "Ambaróna" significa "alzamento, amencer, oriente", de "amba" ("cara arriba") e "róna" ("leste"). "Aldalómë" significa "crepúsculo de árbores" de "alda" ("árbore") e "lómë" ("noitiña, crepúsculo").[1] "Tauremorna" significa "fraga sombría" de"taur" ("fraga") e "morna" ("sombrío, lóbrego").[2] "Tauremornalómë" significa "fraga sombría do crepúsculo".[3]
Xeografía
O Bosque de Fangorn está situado no extremo sueste das Montañas Bretemosas, preto do Paso de Rohan. Cara ao suroeste da fraga atópase Isengarda, morada de Saruman, e ao leste e sur esténdense as terras de Rohan e Lothlórien, nesta orde.
Por Fangorn decorren dous importantes ríos: ao norte o Limlight, que ao saír da fraga forma a fronteira norte de Rohan e remata desembocando no río Anduin; ao sur o Entauga, que se adentra nas profundidades da fraga procedente de Methedras, unha rexión montañosa próxima ás Montañas Bretemosas. O Entauga atravesa Rohan para chegar tamén ao Anduin. O val de Derndingle atopábase ao suroeste. Había unha senda por onde o Entauga pasaba por unha rexión chamada Wellinghall na que se atopaba o lar de Bárbore.
O Bosque de Fangorn aparece descrito como unha fraga húmida poboada por grosas pólas e troncos, onde penetra moi pouca luz, un lugar perigoso e maligno similar ao Bosque Escuro. A fraga acolle diversas especies de árbores, e nas súas profundidades tamén habitan os Cuornos, seres similares aos ents aínda que máis próximos ás árbores. Ents e Cuornos aliméntanse da auga do río Entauga, cuxas propiedades máxicas lles dan a capacidade de se mover, á diferenza das demais árbores da fraga.
Historia
Meriadoc Brandigamo e mais Peregrin Tuc adéntranse na fraga no segundo volume do Señor dos Aneis, As Dúas Torres. Alí coñecen a Bárbore e convénceno do perigo que supón Saruman para os ents e mais a súa fraga. Logo da celebración dunha Asemblent, o resto dos ents acceden a marchar cara á batalla contra Isengarda, levando a Merri e Pipin con eles, e envían os Cuornos ao Abismo de Helmo para se ocupar dos Orcos que asediaban a fortaleza. A carraxe dos ents vese parcialmente motivada pola talla indiscriminada que Saruman levara a cabo nas zonas sur e oeste da fraga.
Nas Dúas Torres], Aragorn, Gimli e mais Legolas entran na fraga na súa procura por Merri e Pipin. Alí encóntranse cun ancián vestido de branco, ao que nun principio toman por Saruman; axiña se decatan de que é en realidade Gandalf, ao que crían morto en Khazad-dûm.
En realidade, o Bosque de Fangorn é só o extremo máis oriental da inmensa fraga que se estendera por todo Eriador e Calenardhon na Primeira Idade e comezos da Segunda.
Política
Nas Dúas Torres, Bárbore convoca unha Asemblent (no orixinal inglés Entmoot), unha reunión de carácter semellante a unha asemblea municipal, co propósito de decidir o que facer coa ameaza que supón Saruman para Fangorn. Malia que as regras que rexen a Asemblent non se detallan en ningún momento, semellan ser reunións moi esporádicas celebradas só en casos de emerxencia. O sufixo -moot do termo orixinal suxire o concepto de parlamento: de aí a tradución galega.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.