Borealosuchus
xénero extinto de grandes réptiles From Wikipedia, the free encyclopedia
xénero extinto de grandes réptiles From Wikipedia, the free encyclopedia
Borealosuchus (que significa 'crocodilo boreal') é un xénero extinto de crocodilianos que viviu desde o Cretáceo tardío ao Eoceno en Norteamérica. Foi nomeado por Chris Brochu en 1997 para aplicalo a varias especies que foran asignadas inicialmente ao xénero Leidyosuchus. As especies asignadas a este xénero son:
Borealosuchus Rango fósil: Cretáceo tardío-Eoceno | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Esqueleto de B. wilsoni no Museo Field de Historia Natural | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
especies | |||||||||||
|
Borealosuchus era un crocodilo de tamaño medio; B. acutidentatus chegaba a 2,8 m de lonxitude e un cranio de 36 cm.[1]
Actualmente recoñécense seis especies de Borealosuchus. Pola orde en que foron nomeados son: B. sternbergii, B. acutidentatus, B. wilsoni, B. formidabilis, B. griffithi e B. threeensis. Catro destas especies (B. sternbergi, B. acutidentatus, B. wilsoni e B. formidabilis) foron nomeadas orixinalmente como especies de Leidyosuchus e despois cambiadas de xénero.
Segundo Brochu et al. (2012) a maioría das análises filoxenéticas sitúan Borealosuchus como un crocodiliano máis estreitamente relacionado co clado Brevirostres que ao Gavialoidea;[5] unhas poucas análises, ao contrario, sitúano máis próximo aos gavialoides[6] ou como un eusuquio basal que non pertenza a Crocodylia.[7] Segundo unha análise realizada polo propio Brochu e coautores (2012), as tres hipóteses son igualmente parsimoniosas.[5]
O seguinte cladograma de Brochu et al. (2012) mostra as relacións filoxenéticas das especies Borealosuchus:[5]
Crocodylia |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.