From Wikipedia, the free encyclopedia
Bombina variegata é unha especie de anfibio anuro da familia Bombinatoridae que vive esencialmente en Centroeuropa e os Balcáns.[2]
Bombina variegata | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
B. variegata (dorso) | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Bombina variegata (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
En verde distribución de Bombina variegata. | |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Os adultos de maior tamaño non chegan a 35 mm de lonxitude (machos) ou 55 mm (femias), polo que é unha das especies máis pequenas de Archaeobatrachia. O seu dorso é marrón verdoso, frecuentemente con manchas brillantes. O ventre, incluíndo a cara interna dos brazos e os dedos, son dun ton gris azulado a negro azulado con conspicuas manchas amarelo-alaranxadas que cobren a metade de dita superficie, moi rechamantes e características. Estes anuros teñen un corpo compacto non tan aplanado como Bombina bombina. As pupilas son acorazonadas sen tímpanos visibles, a parte superior ten numerosas verrugas.
O canto de apareamento dos machos pode sentirse na primavera tardía e inicios do verán. Como esta especie non ten sacos bucais, o canto é suave.
Posta: Os ovos póñenos desde maio ata xuño, agrupados en paquetes laxos de 2 a 30 ovos deixados na herba ou outra vexetación. Teñen unha cor marrón pola cara superior, e marrón máis brillante na cara inferior. O tamaño medio é de 1,5 a 2 mm, cunha capa mucosa de 5 a 8 mm.
Larvas: As larvas ou cágados teñen un tamaño máximo de 55 mm, co final da cola arredondado. Son de cor cincenta sucia.
É unha especie estreitamente asociada coa auga. Orixinariamente vivía ao longo de regatos e ríos, dependendo da dispoñibilidade de auga. Baixo a influencia humana o seu hábitat segue dependendo da dispoñibilidade de pequenos corpos de auga en terra lamosa, como rodeiras deixadas por tractores, charcos, e gavias. A maioría destas zonas son ricas en vexetación e están libres de depredadores e especies competidoras. O quecemento destes pequenos corpos de auga asegura o desenvolvemento rápido de embrións e larvas. A elevada mobilidade dos xuvenís permite a dispersión desta especie a novas zonas axeitadas. En terra procuran refuxio debaixo de rochas, madeira morta e gretas. Prosperan en zonas montañosas e outeiros de Europa central e meridional como o val do alto Rhin.
Esta especie encóntrase en Europa entre os 100 e 2100 m de altitude nos seguintes países: Francia, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Alemaña, Suíza, norte de Italia, Austria, Chequia, Polonia, Eslovaquia, Hungría, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Serbia, Montenegro, Albania, Macedonia do Norte, Grecia, Bulgaria, Romanía e oeste de Ucraína. Está ausente de toda a Península Ibérica, Galicia incluída.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.