Remove ads
publicación periódica From Wikipedia, the free encyclopedia
O, inicialmente, Boletín de la Academia Gallega,[2] despois Boletín de la Real Academia Gallega (desde o número 5 ata 1980), e, por último, Boletín da Real Academia Galega (dende o ano 2000), é o órgano de expresión oficial da Real Academia Galega (RAG) no que se recollen os traballos e noticias relacionadas co funcionamento interno da RAG. A finalidade deste boletín é difundir a cultura galega. Todos os número están dispoñibles en liña.[3]
Boletín da Real Academia Galega | |
---|---|
Artigo de Eugenio Carré no Boletín de la Real Academia Gallega.[1] | |
País | España |
Lugar | A Coruña |
Lingua | lingua galega e lingua castelá |
Primeira edición | 2000 |
Circulación | |
ISSN | 1576-8767 |
OCLC | 436597362 |
Na rede | |
http://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/issue/archive | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Publícase por primeira vez na Coruña o 20 de maio de 1906,[2], e o seu primeiro director foi Manuel Murguía, presidente da institución.[4][5][6] Nos comezos colaboraban case exclusivamente os membros da Real Academia Galega, e nun principio tivo unha periodicidade editouse mensual.
Entre os anos 1936 e 1942 non houbo publicacións debido a guerra civil. Despois a publicación do boletín foi bastante irregular, algunhas veces só se publicaba unha vez ao ano. Tivo peridiocidade irregular ata o ano 1980, estando os boletíns agrupados en 33 tomos. Pouco a pouco, o boletín foi mudando o seu carácter ata converterse nun boletín máis científico. As seccións son: Estudos, Documentos galegos, Bibliografía, Sección oficial e Publicacións recibidas.[6] Nos primeiros volumes cobra importancia a "Sección oficial" onde hai discursos, adquisicións para a biblioteca, doazóns, ingresos de novos académicos etc.
No ano 2000 retomouse a publicación e desde entón mantén periodicidade anual, con monográficos dedicados á persoa protagonista do Día das Letras Galegas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.