Blumenau
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Blumenau é unha cidade brasileira situada no Estado de Santa Catarina, localizada no medio val do río Itajaí-Açu, que é o principal río da rexión. Blumenau fai divisas coas cidades de Jaraguá do Sul, Pomerode, Indaial e Gaspar.
Epónimo | Hermann Blumenau (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Santa Catarina | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 361.261 (2022) (694,95 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 519,837 km² | ||||
Altitude | 21 m-29 m | ||||
Comparte fronteira con | Massaranduba (pt) Guabiruba (pt) Botuverá (pt) Indaial (pt) Gaspar (pt) Pomerode (pt) Jaraguá do Sul Luiz Alves (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Hermann Blumenau (pt) | ||||
Creación | 2 de setembro de 1850 | ||||
Organización política | |||||
• Prefeito (pt) | Hermann Blumenau (pt) (1880–1884) | ||||
Órgano lexislativo | câmara municipal de Blumenau (pt) Circunscrición: 0, (Escano: 15) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 89000-000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 047 | ||||
Código de concello do Brasil | 4202404 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | blumenau.sc.gov.br | ||||
Foi fundada en 1850 polo médico alemán Hermann Bruno Otto Blumenau, de aí a orixe de seu nome. O doutor Blumenau chegou á rexión nun barco veleiro acompañado doutros 17 colonos alemáns o 2 de setembro de 1850.
Hoxe o municipio é famoso por manter os costumes xermánicos dos seus colonizadores. Tanto o turismo histórico como o ecoturismo son atractivos da cidade. A súa principal actividade económica continúa a ser a industria téxtil, responsábel por industrias de grande porte como a Cia. Hering, a Karsten, e a Teka. Non obstante, a cidade debe tornarse un pólo de informática, con algunhas empresas xa actuando nese ramo. Outro mercado en expansión é a produción de cervexas artesanais, como a marca Eisenbahn.
En outubro de 1984, case un ano despois da cidade ter sido devastada por unha inundación debido ao transbordamento do río Itajaí-Açu, o entón alcalde decidiu facer unha grande festa para apagar a tristeza e o desánimo que aínda estaban presentes na poboación. Grazas á forte presenza de descendentes dos colonos alemáns, decidiuse bautizar a festa de Oktoberfest, nome dunha festa que ocorre na cidade alemá de Múnic no mes de outubro.
A festa pasou a repetirse todos os anos no mes de outubro, tornándose unha tradición que atrae turistas para ver danzas folclóricas alemás e beber cervexa e asistir concursos como o da Raiña da Oktoberfest ou o campionato de bebida de chopp de metro (gaña ese último quen beber máis rápido unha cantidade de cervexa contida nun tubo de 1 metro de comprimento). Hoxe a festa de Blumenau é a segunda máis grande Oktoberfest do mundo, despois de Múnic.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Blumenau |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.