Blas Infante

político andaluz From Wikipedia, the free encyclopedia

Blas Infante

Blas Infante Pérez de Vargas, nado en Casares (Provincia de Málaga) o 5 de xullo de 1885 e finado en Sevilla o 11 de agosto de 1936, foi un político andaluz, considerado oficialmente polo Congreso dos Deputados e polo Parlamento de Andalucía como o "Pai da Patria andaluza",[1] por ser o máximo ideólogo do nacionalismo andaluz.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Blas Infante
Thumb
(1914)
Biografía
Nacemento(es) Blas Infante Pérez de Vargas
5 de xullo de 1885
Casa Natal de Blas Infante, España (en)
Morte11 de agosto de 1936 (51 anos)
Sevilla, España
Causa da morteferida por arma de fogo
EducaciónUniversidade de Granada
Actividade
Ocupaciónpolítico, xurista, escritor, xornalista
Partido políticoPartido Republicano Democrático Federal
Interesado enJoaquín Costa Martínez

Pechar
Thumb
Retrato de Blas Infante, situado na avenida Blas Infante de Xerez da Fronteira.

Traxectoria

O seu pai, Luís Infante Andrade, licenciado en Dereito, foi secretario do Xulgado de Casares, e a súa nai, Ginesa Pérez de Vargas, viña dunha familia de labradores de clase media. Estuda o bacharelato nos Escolapios de Archidona ata 1899. A familia Infante pasou polos apuros comúns dos andaluces do 1898, a crise económica da perda de Cuba e Filipinas tralos gastos da guerra sacode con forza. Blas ten que deixar a escola por motivos económicos e remata o bacharelato por libre.

Thumb
Monumento a Blas Infante en Archidona, onde residiu entre 1896 e 1899.

Desde 1900 traballa como escribano no Xulgado de Casares, ó tempo que estuda na Facultade de Dereito da Universidade de Granada á que viaxaba en xuño e setembro para examinarse como alumno libre. Finaliza a carreira en 1906.

Tras aprobar as oposicións en 1909, exerce como notario en Cantillana (Sevilla) a partir de 1910, o que aproveita para entrar en contacto co ambiente intelectual sevillano e coas ideas políticas rexionalistas, especialmente cos membros do ateneo sevillano. Reforza o seu coñecemento das xentes de Andalucía exercendo a súa función de notario noutras localidades como Isla Cristina durante os anos 20.

Ó poder observar o estado dos xornaleiros andaluces queda fortemente impresionado, chegando a escribir anos máis tarde:

Yo tengo clavada en la conciencia desde la infancia la visión sombría del jornalero. Yo le he visto pasear su hambre por las calles del pueblo.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.