Blancanieves (filme)

Filme de 2012 dirixido por Pablo Berger From Wikipedia, the free encyclopedia

Blancanieves é un filme español dirixido por Pablo Berger que se estreou no 2012. Baséase no conto de Brancaneves dos Irmáns Grimm, e a historia está ambientada nunha visión romántica da Andalucía da década de 1920. Imita o estilo narrativo do cine mudo, con fotografía en branco e negro e a música como elemento condutor.[1]

Datos rápidos Ficha técnica, Título orixinal ...
Blancanieves
Ficha técnica
Título orixinalBlancanieves
DirectorPablo Berger
ProdutorIbon Cormenzana
Jérôme Vidal
Pablo Berger
GuiónPablo Berger
IntérpretesMaribel Verdú
Macarena García
Ángela Molina
José María Pou
Daniel Gimenez Cacho
MúsicaAlfonso Vilallonga
FotografíaKiko de la Rica
MontaxeFernando Franco García
EstudioArcadia Motion Pictures
Nix Films
Sisifo Films
Noodles Production
The Kraken Films
DistribuidoraWanda (España)
Cohen Media Group (USA)
EstreaFestival de Toronto: 8 de setembro de 2012
España: 28 de setembro de 2012
Duración105 minutos
OrixeEspaña
XéneroDrama, fantasía
Na rede
http://www.blancanieves.es/
Filmaffinity: 658540 Allocine: 196004 Mojo: blancanieves TCM: 863122 TV.com: movies/blancanieves
Pechar

Presentada na Sección Oficial do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, foi ademais o filme seleccionado para os 85ª edición dos Oscar na categoría de mellor filme en lingua non inglesa e para os Premios Ariel, gañando este último.

Sinopse

Blancanieves é Carmen (Macarena García), unha bela rapaza cunha infancia atormentada pola súa terrible madrasta, Encarna (Maribel Verdú). Fuxindo do seu pasado, Carmen comezará unha viaxe acompañada polos seus novos amigos: unha troupe de ananos toureiros. Cun final sorprendente, "Blancanieves" amosa que a vida non é coma nos contos, senón un melodrama gótico.

Personaxes

  • Maribel Verdú como Encarna / A madrasta
  • Daniel Giménez Cacho como Antonio Villalta / O pai
  • Ángela Molina como Doña Concha / A avoa
  • Inma Cuesta como Carmen de Triana / A nai
  • Macarena García como Carmen / Blancanieves
  • Sofía Oria como Carmencita / Blancanieves
  • Josep Maria Pou como Don Carlos / O Apoderado
  • Ramón Barea como Don Martín
  • Pere Ponce como Genaro / O Chofer
  • Emilio Gavira como Jesusín

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.