Blanca Romero

modelo española From Wikipedia, the free encyclopedia

Blanca Romero

Blanca Romero Ezama, nada en Xixón o 2 de maio de 1976, é unha actriz, cantante e modelo asturiana.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Blanca Romero
Thumb
Biografía
Nacemento(es) Blanca Romero Ezama
2 de xuño de 1976 (48 anos)
Xixón, España
Actividade
Ocupaciónmodelo, actriz
Familia
CónxuxeCayetano Rivera (2001–2004)

Pechar

Traxectoria

Con 14 anos ofrecéronlle facer o seu primeiro desfile nunha boutique de Xixón. A raíz de aí se empezou a interesar no tema da moda e con 17 anos trasladouse a Madrid e dous anos despois a París para traballar en revistas de moda como Givenchy ou Madame.

A súa primeira canción compúxoa en 2001, cando non podía saír da casa duns amigos en Xixón debido a un terrible tempo. Durante eses 15 días decidiu compoñela. A mediados de 2006, co nome artístico de "La Perra", comezou unha carreira musical que non tivo continuidade.

Interveu nalgunhas reportaxes de Puntodoc (Antena 3) e El club de Flo (La Sexta), intervención grazas á cal o equipo de Física o química (Antena 3) se fixou nela, dando o salto á interpretación. Tamén apareceu en Las mañanas de Cuatro, After e en Supermodelo 2006. Foi portada en diversas ocasións de Elle e posou núa para denunciar a grave situación da auga, sendo modelo da Expo Zaragoza 2008.

En 2015 estreou a serie Bajo sospecha en Antena 3, onde interpreta o papel de policía infiltrada xunto a Yon González.

Televisión

Máis información Series de televisión, Ano ...
Series de televisión
AnoTítuloPapelNotas
2008-2009, 2011 Física o química Irene Calvo Papel principal (48 episodios)
2013 L'Isola Tara Rival Papel principal (12 episodios)
2015-presente Bajo sospecha Laura Cortés/ Laura González Samprieto Papel principal (13 episodios)
Pechar

Cine

Máis información Filmes, Ano ...
Filmes
AnoTítuloPapelNotas
2009 After Ana Papel principal
2011 Los muertos no se tocan, nene Clara Papel principal
2012 Fin Covadonga "Cova" Papel principal
2013 El amor no es lo que era Paz Papel principal
Pechar

Premios e candidaturas

Vida privada

No ámbito persoal, deu a luz a Lucía en 1998. Mantivo relacións sentimentais con Joaquín Cortés ou Cayetano Rivera Ordóñez, co que estivo casada entre 2001 e 2004. O 21 de xullo de 2012, foi nai por segunda vez dun neno, Martín.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.