actriz española From Wikipedia, the free encyclopedia
Blanca Portillo Martínez de Velasco, nada en Madrid o 15 de xuño de 1963, é unha actriz, produtora e directora española.
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 1963 (61 anos) Madrid, España |
Educación | Real Escuela Superior de Arte Dramático |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro, actriz de cinema |
Período de actividade | 1984 - |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Naceu en Madrid, cidade na que empezou a apuntarse a pequenas producións de teatro afeccionado. Para realizar o seu desexo de converterse en actriz, matriculouse na RESAD, onde se graduou en Arte Dramática. Co título na man consegue papeis en funcións como Bodas de sangre (1984), El mal de la juventud (1985), Lope de Aguirre, traidor (1988), Marat-Sade (1992) ou Las troyanas (1993). Destacou o seu dobre papel de Cuento de invierno (1992), na que encarnou unha raíña que morría de pena tras verse acusada inxustamente de adulterio e a filla desta, que vivira durante anos créndose unha campesiña e que lograba restablecer a harmonía na terra.
En 1994 protagonizou con Joaquín Kremel a obra de David Mamet, Oleanna, na que interpretaba unha estudante que reclamaba unha maior nota ao seu profesor. Debutou no cinema en Entre rojas, ao que se sumou El color de las nubes, no que encarnou unha nai divorciada que desatendía o seu fillo e que lle valeu a candidatura ao Goya á mellor actriz revelación.
En 1997 iniciou a súa carreira como directora teatral Hay amores que hablan. Pouco despois foi fichada para a serie de televisión 7 vidas, onde interpretou a Carlota. En 2004 decidiu abandonar a serie para emprender un proxecto teatral na Arxentina titulado La hija del aire, baseada nun texto de Calderón de la Barca. Ao regresar a España levou a escena a obra en Madrid e pouco despois interpretou un home no filme Alatriste, baseada na novela de Arturo Pérez-Reverte.
A finais de 2010 asumiu o cargo de directora do Festival de Mérida.
En 2012 rodou entre Galicia e Cataluña Concepción Arenal, a visitadora de cárceres, dirixida por Laura Mañá, na que interpretou a protagonista, pola que foi candidata ao premio Mestre Mateo.
Ano | Filme | Director |
---|---|---|
2011 | La chispa de la vida | Álex de la Iglesia |
2009 | Los abrazos rotos | Pedro Almodóvar |
2007 | Siete mesas de billar francés | Gracia Querejeta |
2006 | Alatriste | Agustín Díaz Yanes |
2006 | Volver | Pedro Almodóvar |
2006 | Goya's Ghosts | Miloš Forman |
2005 | Elsa y Fred | Marcos Carnevale |
2001 | Sólo mía | Javier Balaguer |
1997 | El color de las nubes | Mario Camus |
1996 | El perro del hortelano | Pilar Miró |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor actriz | Concepción Arenal, a visitadora de cárceres | Nomeada |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Blanca Portillo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.