From Wikipedia, the free encyclopedia
O bipartidismo é unha situación política en que só dous partidos dividen o poder, ou constitucionalmente ou de feito, sucedéndose en vitorias electorais en que un deles conquista o goberno do país e o outro ocupa o segundo lugar nas preferencias de voto, pasando a ser a oposición oficial e institucionalizada.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Esta situación depende destes dous partidos atraeren case exclusivamente a atención da medios de comunicación e da opinión pública, pasando os demais partidos desapercibidos pola maior parte da poboación.
Existen graos sobre o bipartidismo, sendo algúns sistemas políticos máis bipartidistas que outros. En xeral, en certa medida, a maioría dos sistemas favorecen este fenómeno, aínda que algúns sexan organizados, desde a raíz, de forma a provocar a polarização do electorado.
O bipartidismo tradicional nace tras a Revolución Francesa. Con maior ou menor éxito, foron sendo implantados intermitentemente na Europa parlamentos bipartidistas nos cales se presentaran sempre dous bloques opostos: conservadores e liberais. Os primeiros tentaban sempre conservar os privilexios da nobreza e da aristocracia, mentres os segundos pretendían equiparar os dereitos da burguesía. Houbo varios momentos así, por exemplo, en Inglaterra, en España e no Brasil.
En todos eses sistemas, o pobo (aínda analfabeto en gran medida) permaneceu incapaz de influenciar no poder político. Coa chegada do marxismo, o bipartidismo foi roto na maioría das democracias europeas, xa que unha terceira forza social, a masa obreira ou proletariado, pasou a esixir representación. O sufráxio feminino, na virada do século XIX para o XX, tamén contribuíu para desagregar aínda máis o mapa político europeo. A tendencia en case todos os países era a de modernizar os seus sistemas para ter en conta a nova realidade social e, sobre todo, para evitar que houbese máis revolucións proletarias.
Claramente bipartidista no inicio, con conservadores (tories) e liberais (whigs) alternandose no poder, ao final do século XIX xurdiran os laboristas como terceira forza política. Aos poucos, gañaran relevancia ata o punto de, nas últimas décadas, terense alternado no poder cos conservadores. Por outro lado, actualmente o sistema británico, aínda que bastante alterado desde entón, mantén as súas institucións esencialmente case intactas. A Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns, por exemplo, continúan sendo iguais na organización e estética que séculos antes. Na realidade, as mudanzas nunca foran nos fundamentos do sistema, só retoques para adaptarse aos tempos. O século XIX o bipartidismo inglés formaba respectivamente o partido liberal e conservador. O século XX o bipartidismo foi mantido seguindo a tradición política, existido só dous partidos políticos de peso no parlamento inglés: o partido laborista e o partido conservador.
Se o sistema partidario británico é un bipartidismo clásico monárquico xa que respecta e se somete formalmente á institución da coroa, o sistema norteamericano é un típico exemplo de bipartidismo presidencialista con esencia republicana. Este sistema permanece aínda máis intacto en relación a como foi creado polos fundadores dos EUA (founding fathers). De traxe, a evolución do sistema foi a de acentuar este bipartidismo xa que cada vez son necesarias maiores sumas de diñeiro para poder facer política. Na actualidade só existen dous grandes partidos, coñecidos como Partido Demócrata e Partido Republicano que obteñan un apoio superior o 5% (necesario para obter a subvención electoral do tesouro público). A situación fíxose patente nas eleccións do ano 2000, cando o terceiro candidato Ralph Nader prexudicou a Al Gore contra o seu adversario George W. Bush.
En relación á idoneidade ou non do bipartidismo na democracia, existen opinións contrapostas. Hai quen pense que é positivo porque axuda a estabilidade política e xeral dun país, mentres outros cren que supón unha diminución pouco saudábel de opinións representadas nos organismos de poder.
Estabilidade versus representatividade teñen sido sempre os factores encontrados. A máxima estabilidade sería representada polos réximes unipartidistas, as ditaduras e as monarquías, e outras variedades de réximes non-democráticos ou non-republicanos. Por outro lado, sistemas como o italiano (no cal se prima a representación dos partidos pequenos) virían ser os máis inestábeis, xa que é case imposíbel que ningún grupo parlamentario alcance a maioría absoluta ou unha maioría suficientemente clara, o que obriga a realizar complicados pactos. Mais, na opinión de moitos, a incapacidade de realizar pactos estables de lexislatura se debe máis á inmaturidade democrática de quen goberna que non polo pobo, que simplemente vota nos partidos para que negocien co peso recibido pola poboación. Seguindo esta teoría, na Italia tal inestabilidade sería debida máis ao goberno de unidade nacional contra os comunistas, entón moi fortes, e pola grande corrupción política propiciada por institucións mafiosas incrustadas na vida política do país.
O bipartidismo debe realimentarse xa que moitos electores, pensando que votar noutros partidos políticos é desperdiçar o voto (por ser moi improbábel que consigan representación parlamentaria), acaban elixindo entre unha das dúas opcións maioritarias. É o que se denomina voto útil e que os partidos maiores usan como argumento para atraer os electores de partidos minoritarios reforzando así aínda máis o sistema bipolarizado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.