filme de 2016 dirixido por Julien Rambaldi From Wikipedia, the free encyclopedia
Bienvenue à Marly-Gomont é un filme francés de 2016 dirixido por Julien Rambaldi. Está protagonizado por Marc Zinga e Aïssa Maïga.[2][3] Trata sobre a vida do pai do cantante Kamini Zantoko após se instalar coa súa familia en Francia.
Bienvenue à Marly-Gomont | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Bienvenue à Marly-Gomont |
Director | Julien Rambaldi |
Produtor | Pauline Duhault Olivier Delbosc Marc Missonnier |
Guión | Julien Rambaldi Kamini Benoît Graffin |
Música | Emmanuel Rambaldi |
Fotografía | Yannick Ressigeac |
Montaxe | Stephane Pereira |
Estudio | E.D.I. Films Moana Films Curiosa Films Cinéfrance TF1 Films Production |
Distribuidora | Mars Films |
Estrea | 8 de xuño de 2016 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Comedia e drama |
Recadación | 4,4 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
En 1975, despois de graduarse como doutor na universidade de Lille, Seyolo Zantoko decide mudarse coa súa familia a Francia dende Zaire (a actual República Democrática do Congo) para traballar como médico e obter así a cidadanía francesa.
Por mor dun malentendido coa súa dona e os seus fillos, que crían ir vivir a París, chegan á pequena vila rural de Marly-Gomont (en Aisne), o que lles causará moita desilusión e problemas, xa que estaban afeitos ás comodidades dunha capital como Kinshasa. A situación agravarase polo comportamento racista dos veciños, xa que son a única familia de orixe africana. Seyolo tenterá integrarse na comunidade para gañar a súa confianza e que lle deixen exercer como médico.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.