Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Bibliotheca Alexandrina (en árabe: مكتبة الإسكندر; Maktabat al-Iskandarīyah) é unha gran biblioteca e centro cultural da cidade exipcia de Alexandría. A biblioteca foi fundada como un conmemoración e lembranza da antiga Biblioteca de Alexandría, e é tamén un intento de recuperar a antiga gloria da cidade como centro de estudo e erudición.
Bibliotheca Alexandrina | |
---|---|
Tipo | biblioteca nacional, edifício de biblioteca, museo de literatura e centro cultural |
Data de fundación | 16 de outubro de 2002 |
Director/a | Ismail Serageldin |
Localización | |
Enderezo | Al Azaritah WA Ash Shatebi |
En | Alexandría |
País | Exipto |
31°12′32″N 29°54′33″L | |
Na rede | |
https://www.bibalex.org/ e https://www.bibalex.org/en/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
No ano 1987 xurdiu un ambicioso proxecto cultural: construír unha nova biblioteca —a Bibliotheca Alexandrina— na cidade de Alexandría para recuperar así un enclave mítico da Antigüidade, patrimonio da Humanidade. Isto ocorría uns 1.600 anos despois da desaparición definitiva daquelas grandes coleccións do saber. Para levar a cabo semellante proxecto uníronse os esforzos económicos de diversos países europeos, americanos e árabes, máis o goberno de Exipto e a UNESCO. O orzamento naquel ano foi de 230 millóns de dólares. As obras comezaron o día 15 de maio de 1995 e remataron o 31 de decembro de 1996. Á súa inauguración acudiron tres raíñas: a de España, a de Suecia e a de Xordania, ademais dalgúns xefes de Estado.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.