San Mamede de Berreo[1] é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Trazo. Segundo o IGE en 2018 tiña 257 habitantes (128 mulleres e 129 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 317 habitantes.
Berreo | |
---|---|
Campanario e Igrexa de Berreo | |
Concello | Trazo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°56′29″N 8°59′38″O |
Área | 7,91 km² |
Poboación | 252 hab. (2019) |
Densidade | 31,86 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
No ano 1181 o conde Gómez González da Casa de Traba tivo que mediar nun preito entre o arcebispo de Santiago Pedro Suárez, e os fillos do conde Bermudo Pérez de Traba. Antes a igrexa compostelá empeñara ao conde Bermudo varias terras en Touro e Vila de Cruces, despois de que o conde vestise o hábito monacal en Sobrado a igrexa compostelá volveu posuír as terras sen que ninguén reclamase mais ao pouco tempo os fillos do conde Bermudo alegaron unha obriga que fixera a igrexa en virtude do empréstito. Debido a que o arcebispo non recoñeceu esa obriga os fillos do conde Bermudo recorreron á violencia mallando nun cóengo sobriño do mitrado, este emprazou aos atacantes que viñeran onda el a dar satisfacción do crime e o conde Gómez González de Traba impuxo a súa mediación reuníndose nesta igrexa de Berreo cos seus respectivos cortes de baróns e xentilhomes e os culpables a tras unha longa discusión chegouse ao acordo de que os fillos do conde Bermudo renunciasen ao dereito á obriga do arcebispo e este renunciou a castigalos pola malleira ao seu sobriño.
Lugares da parroquia de Berreo no concello de Trazo (A Coruña) | |
---|---|
A Aldeavella | A Barca | Breixo | Carabelos | A Igrexa | Nogalláns | O Outeiro | As Vendas do Lengüelle | O Vilar | Vilasuso |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.