Remove ads
enxeñeiro e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Bernardo Mateo Sagasta Echeverría, nado en Pontevedra o 21 de setembro de 1866 e finado o 2 de novembro de 1937, foi un enxeñeiro agrónomo e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1866 Pontevedra, España |
Morte | 2 de novembro de 1937 (71 anos) |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro 40°24′01″N 3°43′47″O |
Deputado das Cortes | |
Actividade | |
Ocupación | político, enxeñeiro agrónomo |
Partido político | Partido Liberal Fusionista |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Pedro Mateo Sagasta |
Parentes | Práxedes Mateo Sagasta, curmán entregue |
Fillo de Pedro Mateo Sagasta Escolar[1]. Foi Inspector xeral do Corpo de Enxeñeiros Agrónomos, e director da Escola especial do seu Corpo. Presidente da Asociación de Enxeñeiros Agrónomos. Vocal da Comisión permanente de Pesas e Medidas e do Consello Superior de Agricultura, Industria e Comercio. Delegado de España en varios congresos internacionais. Director xeral do Instituto Xeográfico e Estatístico e de Correos e Telégrafos (1910-1913).
Foi Ministro de Facenda interino durante a ausencia de Ángel Urzáiz no verán de 1905[2]. Membro da Real Academia das Ciencias Exactas, Físicas e Naturais[3].
Membro do Partido Liberal, foi elixido deputado polo distrito de Caldas de Reis nas eleccións de 1893. Continuou representando o distrito nas sucesivas eleccións ata 1923.
Convencido de que Miguel Primo de Rivera quería destruír o Expediente Picasso -informe redactado polo xeneral Juan Picasso González, destinado no Consello Supremo de Guerra e Mariña, en relación aos feitos acontecidos na Comandancia Xeral de Melilla nos meses de xullo e agosto de 1921: o chamado Desastre de Annual e o abandono das posicións- Mateo Sagasta rescatou o expediente dos arquivos e ocultouno na Escola Especial de Enxeñeiros Agrónomos, da que era director. Alí permaneceu ata a chegada da Segunda República, cando devolveu o Expediente ao Congreso en 1931.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.