Bergara
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bergara (en castelán Vergara) é un concello da provincia de Guipúscoa, País Vasco, pertencente á comarca de Debagoiena. Conta cunha poboación de 14.853 habitantes (2006).[1] A extensión do termo municipal é de 75,97 km², cunha densidade de poboación de 195,52 hab./km². A súa altitude é de 110 msnm.
Vergara (es) | ||||
Alcume | mokoluak e sagarerriak | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | País Vasco | |||
Provincia | Guipúscoa | |||
Comarcas | Debagoiena | |||
Capital | Bergara (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 14.487 (2023) (190,69 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua éuscara (lingua predominante) lingua castelá | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 75,97 km² | |||
Altitude | 110 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1268 | |||
Santo padrón | Roque de Montpellier | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 20570/20578/20579/20580 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 20074 | |||
Páxina web | bergara.eus |
Bergara considerouse historicamente como a capital de Debagoiena. A súa situación no cruzamento de camiños entre a vía de comunicación da costa cantábrica coa meseta castelá, pola que se exportaba a la, e as rotas que se internaban en Guipúscoa, por Oñati, Elgeta e Zumarraga, e en Biscaia, por Elorrio, favoreceu o seu crecemento e a súa riqueza económica. Coa irrupción da industria a finais do século XIX e principios do XX, Bergara converteuse nun importante centro fabril centrado nas industrias téxtil e metalúrxica. A produción téxtil chegou a ser tan importante e característica que ao azul mahón se lle chamou "azul bergara".
Nos libros escolares de Historia de España, o nome da vila aparece na expresión o abrazo de Bergara. No século XIX Bergara aparece nas turbulencias das dúas primeiras Guerras Carlistas, onde se chegou a loitar nas súas rúas. O 31 de agosto de 1839 asínase en Bergara o tratado de paz que poría fin á Primeira Guerra Carlista no norte. O tratado foi asinado polos xenerais Rafael Maroto e Baldomero Espartero, os cales se abrazaron, polo que dito feito coñécese como o abrazo de Bergara. O lugar, que se chamaba Aseurrunz-bide azpiko soluase, pasou a denominarse Campo del Abrazo ou Campo del Convenio.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.