From Wikipedia, the free encyclopedia
A Batalla de Crevola tivo lugar en Crevoladossola, Piemonte, na primavera de 1487 entre o exército da Confederación Suíza (Valais e Lucerna)[2][12] e tropas do Ducado de Milán,[2] pola supremacía do Val d'Ossola.
Batalla de Crevola | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Campañas Transalpinas da Confederación Suíza | |||||||
Batalla de Crevola, 1487 | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Ducado de Milán[2] | Confederación Suíza: Valais[4] Lucerna[4] | ||||||
Líderes | |||||||
Renato Trivulzio Giberto Borromeo Gio. Pietro Bergamino [5][6] |
Albin von Silenen Jost von Silenen [3][7][8] | ||||||
Forzas en combate | |||||||
1 200 de cabalería[9][10] 2 000 soldados de infantaría[9][10] Total de 3 500 tropas [11] |
6 000 soldados de infantaría[9][11] 1 000 suízos uníronse dende a Campaña de Saluzzo | ||||||
Baixas | |||||||
Descoñecidas | 800-1000 mortos [4][9][10][12] |
No ano 1487 o Bispo Jost von Silenen, por motivos descoñecidos, entrou en disputa co Conde de Arona[4] que estaba baixo o señorío do Ducado de Milán.[13] O Cabaleiro Albin von Silenen, irmán do Bispo, foi designado como líder desta expedición militar.[8] En canto o Passo del Sempione se tornou transitable, a Confederación Suíza cruzou o Val d'Ossola, onde se lle uniron outros 1 000 soldados suízos que estaban de volta dende Savoia.[9]
A Confederación Suíza asediou Domo, ocupando o castelo de Mattarella e asolando os vales próximos.[2] O Duque de Milán ordenou que Ossola mantivese a Confederación inactiva mediante unha falsa negociación de paz, ata que o ducado puidese recadar un exército suficientemente grande.[13] En canto o ducado reuiníu as tropas que determinou necesarias, separounas en tres corpos distintos baixo as ordes de Renato Trivulzio, o Conde Borromeo e Gio. Pietro Bergamino.[5] Os suízos atopábanse asolando as vilas de Val Vigezzo cando foron asaltados polas tropas milanesas en tres flancos.[13] A Confederación formou un cadrado de picas dando lugar a un combate no que faleceron entre 800 e 1000 soldados suízos.[5][9] O resto das tropas suízas fuxiron cara ás montañas.[12]
O conflito finalizou cando a Confederación Suíza negociou un tratado de paz co Ducado de Milán o 23 de xullo de 1487.[2][12] Na Ponte di Crevola, realizouse unha oratoria a Vital de Milán en recordo da vitoria.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.