Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A batalla de Ancara ou batalla de Angora aconteceu o 20 de xullo de 1402, nos arredores de Çubuk (preto de Ancara) enfrontando as forzas do sultán Otomán Bayezid I e a Tamerlán, gobernante do Imperio Timúrida. A batalla foi unha importante vitoria para Tamerlán, e levou o Imperio Otomán a un período de crise, coñecido como Interregno Otomán. Así e todo tras a morte de Tamerlán tres anos despois o Imperio Timúrida entrou no ocaso mentres o Imperio Otomán recuperouse totalmente e continuou incrementando o seu poder.
Batalla de Ancara | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Combatentes | |||||||
Imperio Timúrido | Imperio Otomán | ||||||
Comandantes | |||||||
Tamerlán Shah Rukh (á esquerda) Khalil Sultan (á esquerda) Miran Shah (á dereita) Abu Bakr (vangarda) Sultan Huseyn (garda avanzada) Mohammed Sultan (exército principal) |
Beyazid I Süleyman Çelebi (á esquerda) | ||||||
Forzas en combate | |||||||
Disputable | Disputable | ||||||
Tamerlán era o máis poderoso gobernante de Asia Central desde a época de Xenxis Khan, e pasara as dúas décadas anteriores reconstruíndo o Imperio Mongol dos seus antepasados [1][2]. Tamerlán conquistara Xeorxia e Acerbaixán estendendo o seu imperio ata as fronteiras do Imperio Otomán. Bayezid I pola súa parte pasara a maior parte do seu reinado en guerras conquistando territorios cara ao leste e oeste abranguendo case todo o territorio que unha vez pertencera ao Imperio Romano de Oriente[3] . Os dous poderes axiña entraron en conflito directo polo control do territorio e das rutas comerciais [4], facendo a confrontación inevitable xa a finais da década de 1390[5]. Bayezid esixiulle tributo a un bey de Anatolia que xurara lealdade a Tamerlán e tratou de invadir o seu territorio. Tamerlán interpretouno como un insulto persoal e en 1400 saqueou a cidade otomá de Sebaste, ao que seguiu a invasión de polo leste Anatolia para lle facer fronte, Bayezid convocou as súas forzas e enfrontouse a Tamerlán preto de Ancara. O conflito foi a culminación de anos de intercambio de misivas ofensivas [6] entre Tamerlán e Bayezid.
Non se coñece o volume exacto dos exércitos en conflito. Cando Tamerlán invadiu Asia Menor, as súas forzas estaban formadas só por xinetes, o que lle permitía moverse velozmente polo seo do Imperio Otomán, destruíndo as súas defensas gradualmente. Máis tarde, antes e durante a batalla algúns dos aliados e vasalos de Bayezid se uniron a Tamerlán. Aínda que algúns historiadores do século XIX dan forzas de ata case un millón de homes, os historiadores contemporáneos reducen sensiblemente esa cifra, en Armies of the Ottoman Turks, 1300–1774, David Nicolle afirma que "estímase o tamaño dos dous exército en 140 000 na banda de Tamerllán e 85 000 na de Bayezid I.[7] O historiador do medievo J. B. Bury estableceu que as dúas forzas eran de igual tamaño, co exército de Bayezid composto fundamentalmente de infantaría e 5 ou 10 000 cabaleiros serbios liderados polo déspota Stefan Lazarević[8]. De Albania Gjon Kastrioti, xunto con outros vasalos otománs (Koja Zaharia, Dhimiter Jonima e probablemente Tanush Dukagjini), dirixiu persoalmente as súas hostes que participaron do lado otomán.[9]
A batalla comeza cun ataque das forzas de Tamerlán sobre os otománs[10], que estaban exhaustos logo que as tropas de Tamerlán se fixeran co control das fontes de auga [11] pero conseguiron facerlle fronte e contratacaron, así e todo o cambio de bando dos qaraei levou ao colapso ao flanco esquerdo do exército otomán, que se viu prendido entre dous fogos. As forzas de Tamerlán cercaron ás forzas otomás e Bayezid quedou co xanízaros e as tropas serbias, nunha tentativa por romper o cerco as forzas timúridas prenderon o sultán.
Bayezid I, humillado polo desastre, morre ao ano seguinte. Tamerlán continuou a súa compaña en Asia Menor, e arrasou a principal cidade otomá, Bursa e o enclave cristián dos Cabaleiros de Rodas en Esmirna. O territorio otomán quedou reducido a pouco máis que o norte de Frixia, Bitinia e Misis, entrando nunha guerra civil e esta febleza otomá fará que o Imperio Bizantino puidera manterse algo máis de tempo. Pero a decisión de Tamerlán de embarcar nunha expedición á China, onde vai morrer e que vai conducir á fin do seu imperio e da ameaza que supuña para os otománs.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.