Base de Referencia Mundial para os Recursos do Solo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Base de Referencia Mundial para os Recursos do Solo

A Base de Referencia Mundial para os Recursos do Solo  (en inglés: World Reference Base for Soil Resources (WRB)), é o sistema taxonómico estándar internacional da clasificación dos solos, apoiado pola International Union of Soil Sciences (IUSS). Foi desenvolvido con colaboración internacional coordinada polo International Soil Reference and Information Centre (ISRIC) e patrocinado pola IUSS e a FAO. Esta clasificación substitúe a FAO soil classification.

Thumb
WRB, cuarta edición (2022)

A WRB adopta os conceptos modernos de clasificación, incluíndo a Soil Taxonomy do USDA, a lenda do Mapa Mundial de Solos da FAO de 1988, o Référentiel Pédologique, e os conceptos da escola rusa.

A clasificación baséase principalmente na morfoloxía do solo como unha expresión da pedoxénese. A maior diferenza co sistema Soil Taxonomy é que o clima do solo non forma parte do sistema, agás se inflúe sobre as características do perfil do solo. Os criterios diagnósticos apóianse sobre os dos sistemas existentes, logrando que a correlación cos previos sistemas internacionais e cos sistemas nacionais, sexan moi axustados.

A WRB é apta para correlacións cos sistemas nacionais e locais. O nivel de detalle correspóndese cos subgrupos da Soil Taxonomy, sen a necesidade de información do clima do solo. Non é para mapas detallados máis alá de escalas máis grandes como 1:200.000, aínda que serve para axustarse con información de substrato para mapear a 1:50000 en estudos rexionais.

Grupos de Solos WRB 2006

1.Solos con capas orgánicas grosasHistosois (HS)
2.Solos con moita influencia humana
Solos con uso agrícola longo e intensivoAntrosois (AT)
Solos que conteñen moitos artefactosTecnosois (TC)
3.Solos con zona de cultivo limitada por permafrost ou por pedras
Solos afectados por xeoCriosois (CR)
Solos pouco profundos ou con moita gravaLeptosois (LP)
4.Solos influenciados pola auga
Condicións secas e húmidas alternadas, ricos en arxilas que inchanVertisois (VR)
Chairas aluviais, zonas húmidas con mareasFluvisois (FL)
Solos alcalinosSolonetz (SN)
Solos enriquecidos con sales por evaporaciónSolonchaks (SC)
Afectados por augas subterráneasGleisois (GL)
5.Solos con química Fe/Al
Alófanos ou complexos Al-humusAndosois (AN)
Queluviación ou quiluviaciónPodzois (PZ)
Acumulación de Fe baixo condicións hidromórficasPlintosois (PT)
Arxila con baixa actividade, fixación de P, estruturada fortementeNitisois (NT)
Dominancia da caolinita e os sesquióxidosFerralsois (FR)
6.Solos con auga estancada
Descontinuidade estrutural abruptaPlanosois (PL)
Descontinuidade estrutural moderada:Stagnosois (ST)
7.Acumulación de materia orgánica, estatua alto de bases
Tipicamente móllico:Chernozems (CH)
Transición a un clima máis secoKastanozems (KS)
Transición a un clima máis húmidoPhaeozems (PH)
8.Acumulación de sales menos solubles ou substancias non salinas
XesoXipsisois (GY)
SilicatosDurisois (DU)
Carbonato de calcioCalcisois (CL)
9.Solos con subsolo enriquecido con arxila
Linguas albelúvicasAlbeluvisois (AB)
Arxilas moi activas baixas en basesAlisois (AL)
Arxilas pouco activas baixas en basesAcrisois (AC)
Arxilas moi activas altas en basesLuvisois (LV)
Arxilas pouco activas altas en basesLixisois (LX)
10.Solos relativamente novos ou con pouco desenvolvemento de perfís
Coa parte superior ácida e escuraUmbrisois (UM)
Solos areentosArenosois (AR)
Solos moderadamente desenvolvidosCambisois (CM)
Solos con desenvolvemento de perfís non significativoRegosois (RG)

Véxase tamén

Bibliografía

  • IUSS Working Group WRB: World Reference Base for Soil Resources, fourth edition. International Union of Soil Sciences (IUSS), Vienna 2022. ISBN 979-8-9862451-1-9 ().
  • M. Switoniak et al.: Illustrated Handbook of WRB Soil Classification. Wroclaw 2022, ISBN 078-83-7717-386-2. ().
  • IUSS Working Group WRB: Base Referencial Mundial del Recurso Suelo, cuarta edición. Unión Internacional de las Ciencias del Suelo (IUSS), Viena, Austria, 2022. ().
  • H.-P. Blume, P. Schad: 90 Years of Soil Classification of the IUSS. IUSS Bulletin 126, 38-45, 2015 (PDF).
  • W.E.H. Blum, P. Schad, S. Nortcliff: Essentials of Soil Science. Soil formation, functions, use and classification (World Reference Base, WRB). Borntraeger Science Publishers, Stuttgart 2018. ISBN 978-3-443-01090-4.
  • W. Zech, P. Schad, G. Hintermaier-Erhard: Soils of the World. Springer, Berlin 2022. ISBN 978-3-540-30460-9.
  • P. Schad: World Reference Base for Soil Resources - Its fourth edition and its history. In: Journal of Plant Nutrition and Soil Science 186, 2023, 151–163. doi: 10.1002/jpln.202200417 ().

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.