Remove ads
matemático británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Bartholomew Price, nado en 1818 na vila de Coln St. Dennis, Gloucestershire, e finado o 29 de decembro de 1898, foi un matemático e educador inglés.[1]
Bartholomew Price. Litografía de Beynon & Company | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1818 Gloucestershire, Reino Unido |
Morte | 29 de decembro de 1898 (79/80 anos) Oxford, Reino Unido |
Educación | Pembroke College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas, álxebra, análise matemática, cálculo infinitesimal, cálculo diferencial, cálculo integral (pt) , cálculo de variacións e mecánica |
Lugar de traballo | Cambridge |
Ocupación | matemático, científico, profesor universitario, ministro |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | William Arthur Price |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, first supplement (en) Alumni Oxonienses: the Members of the University of Oxford, 1715–1886 (en) Encyclopædia Britannica |
Price comezou os seus estudos superiores de matemáticas no Pembroke College, en Oxford, en 1840, onde conseguiu senllas bolsas universitarias en 1842 e 1844. En 1845 adquiriu a condición de titor e profesor de matemáticas. Ao pouco tempo gozaba xa de moito prestixio como docentee comezou coa publicación dos seus primeiros tratados: Diferencial calculus (1848) e Infinitesimal calculus (en catro volumes, entre 1852 e 1860), que se consideraron como libros de texto principais durante moito tempo.[2]
En 1853 foi nomeado catedrático, posto do que dimitiu en xuño de 1898. A súa actividade pública principal en Oxford estaba relacionada co Hebdomadal Council (o corpo reitor da universidade) e coa editora universitaria Oxford University Press, da que foi secretario durante varios anos. Exercía tamén como conservador da Bodleian Library, bolseiro honorario do Queen's College, gobernador do Winchester College e visitante do Observatorio Real de Greenwich. En 1891, foi elixido director do Pembroke Universidade, dignidade que levaba aparellada a de cóengo da catedral de Gloucester.
En 1889 era un dos accionistas da empresa Silver's, de Silvertown, no leste de Londres, unha puxante compañía de caucho.[3]
Price faleceu en decembro de 1898 e foi enterrado no cemiterio Holywell, en Oxford.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.