Barrán, Piñor
parroquia civil do concello de Piñor From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Piñor From Wikipedia, the free encyclopedia
San Xoán de Barrán é unha das sete parroquias do concello ourensán de Piñor. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 223 habitantes (103 homes e 120 mulleres).
San Xoán de Barrán | |
---|---|
Igrexa de San Xoán de Barrán. | |
Concello | Piñor[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°30′27″N 7°59′53″O |
Poboación | 223 hab. (2023) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de San Xoán de Barrán é un templo relixioso do século XIII (1226) con nave única. Destaca a súa fachada de porta alintelada con pináculos ós lados sostida por pilastras. Sobre a porta, un grande óculo enche de luz o interior. A fachada está rematada por unha espadana dobre con balaustrada. O interior conta cun retablo barroco de tres rúas separadas por columnas salomónicas de decoración vexetal no cal destacan as imaxes de San Roque, Santo Antón e San Francisco. Hai tamén diversos obxectos de prata: un cáliz, unha custodia e un incensario, todos do século XVIII, unha cruz parroquial barroca e un copón do século XIX.
A fonte da Igrexa de San Xóan de Barrán (1801) está detrás da devandita igrexa. Trátase dunha fonte de pedra de forma rectangular feita de perpiaños graníticos, coroada cun frontón apuntado con tres pináculos. O central debía estar rematado cunha cruz, hoxe desaparecida. No pináculo da esquerda figura a inscrición "AÑO" e no da dereita "1801". A parte inferior da fonte conta cunha fornela na que aparecen as figuras de San Xoán e Cristo (que porta nunha man a bóla que representa o mundo) nunha curiosa disposición, pois é Cristo quen bautiza a San Xoán. Enriba da fornela hai un escudo de pedra que representa unha man agarrando un cruceiro. Rodeando o escudo hai diversas inscricións que compoñen o nome da persoa que mandou edificar a fonte: "DON JOAQUÍN BARROS".
Lugares da parroquia de Barrán no concello de Piñor na Provincia de Ourense | |
---|---|
Albarona | Arenteiriño | Arenteiro | Barrán | Fontelo | Piñor | Senderiz | Senra |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.