político nauruano From Wikipedia, the free encyclopedia
Barón Divavesi Waqa (pronunciación: /bæˈrɒn dɪvəveɪˈsiː wɑːˈkɑː/), nado en Boe o 31 de decembro de 1959, é un político nauruano, presidente do seu país dende o 11 de xuño de 2013 ata o 27 de agosto de 2019.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1959 (64 anos) Boe, Nauru (pt) |
14º Presidente de Nauru | |
11 de xuño de 2013 – 27 de agosto de 2019 ← Sprent Dabwido – Lionel Aingimea → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade do Pacífico Sur Universidade de Monash |
Actividade | |
Ocupación | político, compositor |
Partido político | sen valor |
Premios | |
| |
Anteriormente ocupou o cargo de Ministro de Educación de 2004 a 2007.
Foi elixido como membro do Parlamento de Nauru nas eleccións de maio de 2003 representando a circunscrición electoral de Boe. Baixo o goberno de Ludwig Scotty ocupou o cargo de Ministro do Interior e de Educación durante pouco máis de dous meses ata que Scotty foi substituído por René Harris. Mantivo o seu escano no Parlamento.
O 23 de abril de 2004 Waqa e os seus compañeiros Kieren Keke, David Adeang e Fabian Ribauw participaron nunhas protestas no Aeroporto Internacional de Nauru en Yaren; trataban de mostrar o seu desacordo respecto ás política do goberno contra os solicitantes de asilo afgáns en Australia e contra a Flotilla da Esperanza, así como o estado de punto morto no que se atopaba o Parlamento. Os catro políticos enfrontáronse a cargos de até catorce anos en prisión debido á súa participación na protesta; aínda que finalmente os cargos foron retirados tras a volta de Scotty á presidencia o xuño seguinte. Scotty volveu nomear a Waqa Ministro de Educación.[1]
Waqa ficou leal á súa administración durante a crise ministerial que ocorreu en 2007. Como consecuencia, non foi convidado a formar parte do seguinte goberno, encabezado por Marcus Stephen.
Waqa foi elixido presidente de Nauru en xuño de 2013 derrotando, ao anteriormente Ministro de Economía e candidato de oposición, Roland Kun por 13 votos a 5.[2][3]
En xaneiro de 2014 superou unha moción de censura, presentada despois de que Peter Law, australiano e único maxistrado residente no país, fose deportado, e de que o xuíz supremo, tamén australiano, Geoffrey Eames, vise como lle retiraban a visa tras intentar anular a deportación de Law.[4] O goberno tamén intentou redactar unha lei sobre o estado de emerxencia coa axuda de avogados de Fidxi.[5] Despois da destitución da avogada parlamentaria Katy Le Roy e da posterior dimisión do fiscal xeral Steven Bliim, ambos australianos. A ministra do Interior, Charmaine Scotty, dixo que este era sintomático dun "sistema de enchufismo" operado por expatriados australianos que segundo el estaban aliados coa oposición.[6]
Nas eleccións parlamentarias de Nauru de 2019 celebradas o 24 de agosto, perdeu o seu escano no Parlamento polo que tamén perdeu as opcións de ser reelixido como presidente.[7] Dous días despois, Lionel Aingimea foi elixido como o seu sucesor na presidencia.[8]
Está casado con Louisa Waqa.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.