Barón Rojo
Grupo de heavy metal e hard rock español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Grupo de heavy metal e hard rock español From Wikipedia, the free encyclopedia
Barón Rojo é un grupo de heavy metal e hard rock español, chamado así en homenaxe ao aviador alemán Manfred von Richthofen, coñecido como "Barón Vermello".
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Baron Rojo | |
---|---|
Concerto en Madrid en 2011 | |
Orixe | Madrid, España |
Período | 1980- |
Xénero(s) | Heavy metal, Hard Rock |
Selo(s) discográfico(s) | Avispa Music |
Membros | Armando de Castro Carlos de Castro Rafa Díaz |
Na rede | |
www.baronrojo.net | |
Barón Rojo naceu da unión de catro músicos: os irmáns Armando e Carlos de Castro, José Luís Campuzano, tamén coñecido como "Sherpa", e Hermes Calabria.
Os irmáns Carlos e Armando de Castro permaneceron no grupo Coz ata 1980, momento en que as relacións do grupo deterioráronse e o grupo dividiuse en dous. Os irmáns de Castro, xunto ao cantante e baixo José Luís Campuzano e o batería uruguaio Hermes Calabria, fundaron Barón Rojo, mentres que a outra metade do grupo Coz continuou coa súa carreira publicando algúns discos máis.
Unha vez formado o grupo debutou en 1981 co álbum Larga vida al rock'n roll, publicado pola compañía Chapa/Zafiro. Lanzan como primeiro sinxelo o tema "Con botas sucias", cuxas siglas aluden veladamente a CBS, a compañía discográfica que editaba os discos do anterior grupo dos irmáns de Castro. O álbum obtivo o disco de ouro, o que comporta actuacións por todo o país e comentarios en televisión, radio e prensa.
Grazas aos beneificos do primeiro LP, o grupo trasladouse a Londres, onde gravou o seu segundo traballo titulado Volumen Brutal. Foi gravado nos estudos Kingsway de Ian Gillan, cantante de Deep Purple, en só dúas semanas. Deste disco existen dúas versións: Unha gravada en castelán e outra en inglés coa compañía Kamaflage, que adquiriu os dereitos do disco para a súa venda en Europa. Tanto a versión en castelán como a inglesa triunfan en Inglaterra e noutros lugares de Europa. Volumen Brutal vendeu máis de dous millóns de copias.
Barón Rojo continuou "bombardeando" Inglaterra con temas como "Los rockeros van al infierno", "Incomunicación" ou "Resistiré" ("Stand Up" en inglés), co que alcanzan o número un do Top Ten inglés e logran encabezar as portadas dalgunhas revistas especializadas.
O 27 de agosto do 1982 Barón Rojo actuou xunto a Iron Maiden, Gary Moore, Marillion, Twisted Sister e M.S.G. no "Reading Festival 82".
En 1983 publícase o terceiro disco, titulado Metalmorfosis, gravado tamén en Londres. Aparecen nel temas como "Casi me mato", "El malo" e "Tierra de vándalos".
En 1984 sae á venda un disco en directo titulado Baron al rojo vivo gravado cos máis avanzados sistemas da época, presentando cinco cancións novas entre os seus éxitos máis coñecidos.
En 1985 presentan o disco En un lugar de la marcha con cancións tan coñecidas como "Hijos de Caín" e "Cuerdas de acero.
En 1986 saíu á venda o álbum en vivo Siempre Estais Allí, no cal deleitan aos seus fans cos temas que lamentablemente non puideron entrar no álbum en vivo anterior, Barón al rojo vivo, producido pola mesma banda para Chapa Discos.
En 1987, editouse o seu traballo Tierra de Nadie, producido por Joaquín Torres para Serdisco, o cal foi gravado en "Torres Sonido" de Torrelodones, Madrid, durante os meses de marzo, abril e maio do mesmo ano. Con este álbum comeza un período de experimentación no cal Barón Rojo busca integrar o seu estilo compositivo con elementos do Glam Metal, en pleno auxe na década dos oitenta.
No ano 1988, o seu álbum No Va Más, igualmente coa discográfica Serdisco, é un álbum enfocado no tema das apostas e as súas consecuencias, o mesmo demostra a un Barón Rojo que experimenta amplamente con teclados, apreciable nos temas "Cansado de esperar" e "Mil años luz". Ata nos atopamos coa experimentación dun curioso violín chinés no estraño tema "Celtas cortos".
Un ano despois, en 1989, chegou o seu novo traballo Obstinato, novamente producido por Barón Rojo para Serdisco. O álbum foi gravado nos estudos Chamber durante marzo e abril de 1989.
Os LP posteriores non tiveron o mesmo éxito que os antes citados e tras varios avatares no grupo, os irmáns de Castro deciden continuar co mesmo e experimentan con varias formacións, como a que levou a Barón Rojo a estar integrado por cinco compoñentes, ao unírselles Pepe Bao ao baixo (coñecido por bandas como Manzano), José Antonio do Nogal "Ramakhan" á batería (de Tritón), e Maxi González (tamén de Tritón), voz solista en todos os temas.
O primeiro álbum de Barón Rojo na década dos noventa, é Desafío, álbum producido por Carlos de Castro para a casa discográfica Avispa. Foi gravado nos estudos M-20 de Madrid durante xaneiro de 1992. Neste álbum a formación estaba composta polos irmáns Carlos e Armando de Castro, José Antonio do Nogal "Ramakhan" na batería e Niko do Ferro ao baixo.
No ano 1995, a discográfica Zafiro, que quedou cos dereitos dos temas de Barón Rojo ata a separación, saca un recompilatorio chamado "Larga vida al Barón, que contén o mellor desde o álbum Larga vida al rock & roll ata Obstinato. Neste recompilatorio non tiveron nada que ver os compoñentes do grupo.
Logo deste traballo e con nova casa discográfica en 1997, entrégannos o seu novo álbum Arma Secreta, gravado e producido por Carlos de Castro para Clave Records nos estudos Kilociclo de Madrid durante o ano 1996. Volve a banda a un son máis básico e máis duro, que preparará ao Barón Rojo do novo milenio.
En 1999, logo da adquisición dos dereitos dos temas por BMG, sae ao mercado o álbum dobre recompilatorio chamado Cueste lo Que Cueste con 31 dos mellores temas da traxectoria de Barón Rojo desde o disco Larga vida al rock & roll ata Obstinato, ademais inclúe catro temas novos, "Cueste lo que cueste", "El trepa", "Cielo o infierno" e "Más de ti", e unha nova versión do "Resistiré", cantada esta vez por Carlos de Castro, todos eles gravados nos estudos Sonoland de Madrid durante xullo e agosto de 1999.
No ano 2001, Barón Rojo entra no novo milenio co álbum 20+ en alusión á existencia da banda por máis de 20 anos. Este álbum foi producido por V. M. Arias para Zero Records, e gravado nos estudos Oasis de Madrid durante decembro de 2000 e xaneiro de 2001. Neste álbum atopamos un Barón Rojo que sen timidez inclúe instrumentos de vento nas súas instrumentacións, o evidente uso de saxofón, trombón e ata trompetas, imprégnalle un son moi particular a este veterano álbum. Neste álbum incluíuse un videoclip multimedia do sinxelo "Fronteras".
No ano 2002, editouse novamente un álbum dobre en vivo, titulado Barón en Aqualung, producido por Barón Rojo para Zero Records. Este álbum foi gravado en vivo o día 5 de outubro de 2001 na sala Divino Aqualung de Madrid e saíu á venda na primavera de 2002 inicialmente co título Barón en divino como DVD e posteriormente nun dobre CD co título Barón en Aqualung posto á venda o 11 de maio do mesmo ano. Foi mesturado nos estudos Ritmo & Compás de Madrid. Nesta gravación en vivo apréciase o novo son de Barón Rojo, que inclúe plenamente a presenza de músicos invitados con instrumentos de vento.
O 9 de xuño de 2003 sae á venda o álbum de versións titulado Perversiones, gravado e mesturado nos estudos Oasis de Madrid durante os meses de marzo, abril e maio de 2003. Producido por José Miguel Ros e Carlos Rufo para Zero Records. Este álbum inclúe versións das bandas que son consideradas polas súas mesmos integrantes como influencias na carreira musical dos Barón Rojo, como Black Sabbath, Deep Purple, e Jimi Hendrix entre outros.
En 2005 é expulsado do grupo o batería Vale Rodríguez, substituído polo anterior batería do grupo, José Martos.
A finais de 2006 publícase Ultimasmentes, cun son máis conservador que 20+ e Arma secreta, que conta coa particularidade de ter un tema composto e cantado polo baixista Anxo Arias, e un composto por José Martos. Todos os temas están cantados por Carlos agás as instrumentales de apertura e pechadura, o citado tema cantado por Arias e dous cantados por Armando.
Barón Rojo actuou en directo en varios lugares de Europa, así como en Estados Unidos, Suramérica e ata no continente africano. foi, xunto a Obús e Angeles del Infierno, o grupo de heavy metal español de referencia para moitas das bandas de rock duro xurdidas en España na década dos 90 e a actualidade.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barón Rojo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.