Bandeira do Senegal
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira do Senegal foi adoptada o 20 de agosto de 1960.
As orixes da bandeira do Senegal remóntanse á antiga Federación de Malí, cuxa bandeira era moi similar, tendo como única diferenza unha silueta negra na sección central en lugar da estrela verde. A bandeira consta de tres franxas verticais de iguais dimensións coas cores panafricanas: verde (do lado do pau da bandeira), amarelo (a franxa central) e vermello. O significado das súas cores é:
- Verde: é a cor do profeta Mahoma (e dos musulmáns), da esperanza para os cristiáns,e da fecundidade para os animistas.
- Amarelo: representa a riqueza froito do traballo, é tamén a cor do espírito, das artes e das letras.
- Vermello: a cor vermella é a cor do sangue e da vida ,e do sacrificio de toda nación na loita para o seu desenvolvemento.
A estrela de 5 puntas na cor verde, simboliza a abertura para o mundo, a esperanza da independencia do país e os 5 piares do islam para os musulmáns:
- A aceptación do credo.
- Orar cinco veces ao día.
- Pagar a zakat ou zakah ou azaque, décimo para axudar aos pobres.
- Observar o xaxún do ramadán.
- Facer a peregrinación a Meca.
Bandeiras históricas
25 de novembro de 1958 - 4 de abril de 1959 4 de abril de 1959 - 20 de agosto de 1960
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.