Remove ads
órgano financeiro da Unión Europea From Wikipedia, the free encyclopedia
O Banco Europeo de Investimento (BEI) é o órgano financeiro comunitario da Unión Europea (UE). Foi creado no marco dos Tratados de Roma e a súa sede está en Luxemburgo. Ten por misión contribuír ao desenvolvemento equilibrado do territorio comunitario a través da integración económica e da cohesión social.
Banco Europeo de Investimento | |
---|---|
Acrónimo | EIB e BEI |
Tipo | institución financeira internacional e órgano da Unión Europea |
Data de fundación | 1958 |
Presidente/a | Nadia Calviño |
Director/a | Werner Hoyer e Nadia Calviño |
Nº de empregados | 3.450 |
Sede | Luxemburgo |
En | Luxemburgo |
País | Luxemburgo |
49°37′13″N 6°08′07″L | |
Na rede | |
http://www.eib.org e https://www.eib.org/fr/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os accionistas do BEI son os Estados que compoñen a Unión Europea e está dirixido polo Consello de Gobernadores, composto polos quince ministros de facenda.
Fóra da Unión, o BEI apoia as estratexias de preadhesión dos países candidatos a formar parte da unión e aplica o apartado financeiro dos acordos celebrados no marco das políticas europeas de axuda e cooperación ao desenvolvemento.
Esta institución outorga un total de 43 000 millóns de euros ao ano en créditos, e goza dun mellor estado financeiro que o do Banco Mundial. O BEI non concede financiamento xeral a un Estado, senón que cofinancia proxectos concretos.
O BEI emprega uns 1 000 expertos europeos en finanzas.
O 8 de decembro foi escollida presidenta do BEI a galega Nadia Calviño, en substitución de Werner Hoyer.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.