Remove ads
relixioso e botánico español From Wikipedia, the free encyclopedia
Baltasar Merino Román, tamén coñecido como Padre Merino, nado en Lerma (Burgos) o 6 de xaneiro de 1845 e finado en Vigo o 3 de xuño de 1917, foi un relixioso xesuíta, reputado botánico e pteridólogo español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1845 Lerma, España |
Morte | 3 de xuño de 1917 (72 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | Xesuíta, botánico e pteridólogo |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Merino |
A abreviatura S. J. da súa sinatura significa Societas Jesu (Sociedade de Xesús) [1]. |
Polas súas funcións como sacerdote exerceu a docencia na Habana e en Maryland[2]. En 1880 foi destinado ao Colexio Apóstol Santiago da Pasaxe (Camposancos, A Guarda). Entre outras persoas, deu clase ao matemático e astrónomo Ramón María Aller Ulloa[3]..
O 2 de marzo de 1909 foi un dos membros fundadores da Sección de Santiago da Real Sociedad Española de Historia Natural, da que foi presidente, con outros importantes naturalistas galegos como Antonio Eleicegui, César Sobrado, Armando Cotarelo Valledor, Eugenio Labarta ou José Deulofeu. Foi electo presidente da Sociedad Aragonesa de Ciencias Naturales en 1914 e da Academia Internacional de Xeografía Botánica en 1915[4][5].
Relacionouse con varios científicos da súa época, como o botánico Carlos Pau Español e o naturalista Víctor López Seoane.
No prólogo do volume I da súa Flora descriptiva é ilustrada de Galicia, Merino di:
"Un conxunto de circunstancias fortuitamente aliadas concorreron para poñernos durante quince anos en comunicación coas provincias galegas e en contacto coa súa vexetación. (...) a nosa permanencia no Colexio da Guardia por espazo de vinte e cinco anos aumentaron grandemente as nosas relacións de amizade con pais de familia e alumnos procedentes de moi diversas comarcas deste país (...). Se, pois, algún éxito alcanzamos (...) revisando vastas e variadas extensións de territorio e internándonos en rexións que (...) probablemente non foran exploradas ata agora, débese, confesámolo con inxenua convicción, á cooperación eficaz dos nosos bondadosos amigos, a quen (...) quixéramos nalgunha maneira pagar a débeda de gratitude contraída por nós"."Á intensidade vexetativa reúne tamén o chan galaico unha diversidade de especies non menos copiosa, posuíndo case unha terceira parte das fanerógamas e fibroso-vasculares que poboan ou polo menos se coñecen en toda España". (...)
"Se facilitando canto nos é posible o estudo da Flora Galaica logramos recrutar colaboradores ou espertar afeccións latentes que ó seu tempo se convertan no entretemento favorito, xa que non sexa ocupación exclusiva, de varias ou moitas persoas chegará cedo o día en que a nosa Flora se atope entre as rexionais mellor coñecidas de España".[6]
E nas Dos palabras al lector, a xeito de prólogo do volume III:
"Co presente volume poñemos término ó cumprimento do noso designio, que non foi outro que o de facer unha recensión e describir segundo a limitación dos nosos alcances a poboación vexetal máis complicada e perfecta da rexión galaica. O campo en gran parte, ben pode asegurarse, que queda segado; pero falta aínda espigalo, particularmente nos puntos máis elevados das provincias de Ourense e Lugo. Moitos deses cumes e cristas visitámolos (...) pero quen aspire a coñecer completamente a flora montañesa e subalpina que nelas se desenvolve, é preciso que as recorra con maior detención (...). Isto por desgraza, presumimos, non sucederá en longo tempo se na veciñanza das montañas non se esperta (...) a afección a estes coñecementos (...). E queira Deus que non nos leve a dianteira algún estranxeiro. Viaxabamos hai tres anos polas espesuras dos bosques de Casaio (...) e observamos á beira de varias fontes cascas de ovos e restos de comida. Preguntei ó guía que me acompañaba: que significaban aqueles restos? Hai tres días, respondeume, partiron de Casaio tres franceses (...) [que] saían de madrugada para internarse nestes montes (...) e regresaban ó pobo ó anoitecer; así pasaron preto de quince días. E (...) que viñan buscar aquí? Pois entretíñanse, contestou, en coller bolboretas e animaliños e por certo ó despedirse amosaron que quedaran satisfeitos. O propio é de recear que suceda co que resta por estudar da Flora galaica (...).".[7]
Merino enviou á Universidade de Santiago unha gran cantidade de material para a creación dun herbario didáctico coas liñas taxonómicas máis relevantes de Galicia.[8][9] [10] Coñécese como Herbario Merino o herbario que Merino recolleu nas súas investigacións. Actualmente está diseminado por diversas institucións, conservándose a parte máis importante no Arboretum do Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán, onde se gardan máis de 10 000 pregos.[11] Outra parte importante encóntrase no Departamento de Botánica da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela constando de 2 028 pregos. [12]
Dúas especies aínda detentan oficialmente a denominación binomial e a descrición outorgada por Merino:
Como engadido, ata 21 especies, subespecies, cruces e variedades se nomearon no seu honor ("=" significa que a imaxe corresponde ó taxon, "~" a un parataxon e ">" a un hipertaxon):
A abreviatura Merino emprégase para indicar a Baltasar Merino como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.