dentista e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Balbino Cerdeiras Rey, nado en Viveiro en 1903 e finado en Lugo o 12 de maio de 1937, foi un dentista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 Viveiro, España |
Morte | 12 de maio de 1937 (33/34 anos) Lugo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Viveiro | |
abril de 1936 – xullo de 1936 (destitución) ← José Santiago Seijo – Salvador Pérez-Labarta Pillado → | |
Actividade | |
Ocupación | odontólogo, político |
Estivo emigrado en Cuba. Regresou a Viveiro e na Segunda República militou no Partido Galegista. Co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro en representación do Partido Galeguista polo gobernador civil,[1] e alcalde de Viveiro en abril de 1936.[2] Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido con algúns concelleiros o 27 de xullo, permaneceu en situación de arresto domiciliario durante varios días, até que ingresou no cárcere a principios de agosto. Foi xulgado en consello de guerra, xunto con outros membros da corporación municipal, acusado de rebelión militar o 11 de marzo de 1937.[3] Condenado a pena de morte, foi fusilado en Lugo o 12 de maio de 1937.
O paseo fluvial que percorre o río Landro dende Verxeles até Portochao leva, dende o ano 2007, o seu nome,[4] ademais recibiu diversas homenaxes, xunto con outros represaliados polo franquismo, a último realizada por Galiza Nova o 18 de decembro de 2010.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.