Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Baixo Vinalopó (Baix Vinalopó en valenciano, Bajo Vinalopó en castelán) é unha comarca da Comunidade Valenciana, situada na costa sur da provincia de Alacant. A súa capital tradicional e a súa localidade máis importante é a cidade de Elx.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Provincia de Alacant | ||||
Capital | Elx | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 301.635 (2022) (617,12 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 488,78 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
O Baix Vinalopó comprende as terras, como o seu nome indica, do curso baixo do río Vinalopó. A maior parte da comarca está formada por unha gran chaira, que só se ve accidentada pola serra de Crevillent e polo cabo de Santa Pola. A pesar de ser unha ampla comarca, o seu territorio está só dividido en tres concellos:
Municipio | Poboación | Extensión | Densidade |
---|---|---|---|
Crevillent | 28.432 | 103,30 | 275,24 |
Elx | 228.348 | 327,07 | 700,30 |
Santa Pola | 30.981 | 58,60 | 528,69 |
Totais: | 287.761 | 488,90 | 588,59 |
O interior está formado por unha gran chaira formada polo val do Vinalopó, que está rodeada polas serras ao norte e noroeste. Ao leste, a liña de costa é baixa e areosa, con praias de areas finas, e formacións de dunas. Hai excepcións, como é o caso do Cabo de Santa Pola, onde hai un abrupto promontorio onde se sitúa un faro. A franxa costeira ten uns 30 km de lonxitude, comprendidos entre Aigua Amarga e a desembocadura do Segura. Nesta comarca tamén se atopan unhas marismas, declaradas Parques Naturais, como as Salines de Santa Pola, ou El Hondo de Elx - Crevillent, así coma o Clot de Galvany.
A temperatura media anual é 17 °C e a precipitación media anual é 330 mm.
A comarca do Baix Vinalopó é creación moderna, no ano 1989, e antes formaba parte da histórica Horta d'Alacant, xunto con Guardamar del Segura (Baix Segura). Esta comarca antiga aparece no mapa de comarcas de Emili Beüt i Belenguer: Comarques naturals del Regne de València, publicado no ano 1934.
O Baix Vinalopó é unha comarca dinámica, a cal se dedica a diferentes ámbitos económicos. No sector primario, a agricultura sempre tivo unha grande importancia, xa que o campo de Elx - Crevillent foi amplamente traballado en hortas e cultivos. Polo seu lado, Santa Pola segue sendo a día de hoxe un dos máis importantes portos peninsulares. A industria é tamén moi importante, en Crevillent desenvolveuse moito a industria da alfombra, chegando a outorgárselle unha denominación de orixe. Elx pola súa banda, comparte con outras cidades do Vinalopó importantes industrias do calzado.
O turismo vén ocupando un amplo sector económico desde hai décadas. O desenvolvemento desta actividade principalmente a Santa Pola foi atraendo numerosos visitantes e residentes á zona. Así como foron experimentando crecemento os núcleos costeiros ilicitanos de Arenals del Sol e La Marina. Elx como tal, debido ao seu carácter comercial e cultural (Dama de Elx, Palmeiral, Misterio etc.) converteuse tamén nun crecente destino turístico á parte da costa.
O aeroporto de l'Altet, no termo municipal de Elx, atópase ademais nesta comarca, sendo o quinto aeroporto español en volume de pasaxeiros por ano.
A comarca atópase dentro da zona de predominio lingüístico oficial valenciano. Aínda que por mor da inmigración e da presión dos medios de comunicación tamén se fala castelán.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.