From Wikipedia, the free encyclopedia
Baidu, Inc. (百度公司) é unha empresa chinesa establecida o 18 de xaneiro de 2000 como unha compañía de servizos web con sede en Pequín[1]. Ofrece múltiples servizos, o máis recoñecible é o motor de busca en lingua chinesa para sitios web, ficheiros de son e imaxes, pero en total son 57 os servizos que ofrece, entre eles Baidu Baike, unha enciclopedia colaborativa en liña e en chinés[2]. Os seus fundadores foron Robin Li e Eric Xu que lograron convertela nun dos principais referentes de Internet, situando a Baidu na quinta posición mundial no índice Alexa[3]. Consonte a política de censura de Internet na China, Baidu filtra o material controvertido nos seus resultados, cunha longa lista de sitios webs bloqueados e temas censurados nas buscas de Baidu[4]. Baidu Japan non aplica a censura pero o sitio está bloqueado na China [5].
Baidu | |
---|---|
Tipo | negocio, motor de procura web, empresa, empresa de capital aberto e comunidade en liña |
Data de fundación | xaneiro de 2000 |
Fundador(es) | Robin Li |
Director/a | Robin Li |
Nº de empregados | 5.500 |
Organización subsidiaria | IQIYI |
Sede | Pequín |
País | República Popular da China |
Na rede | |
https://www.baidu.com/ e https://www.百度网站.中国 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Entre 1994 e 1997 Robin Li traballou en IDD Information Services en Nova Jersey, unha división de Dow Jones and Company, alí realizou tarefas de desenvolvemento de software para a edición dixital de The Wall Street Journal[6] e na mellora de algoritmos para os motores de busca. Entres estaba en IDD, Li desenvolveu RankDex, o seu propio algoritmo para indexar os contido de Internet segundo a calidade dos sitios webs[7][8][9] que patentou [10]. Esa foi a base sobre a que no ano 2000 xunto con Eric Xu fundou Baidu, que tivo a súa primeira oficina nun cuarto de hotel en Pequín. No ano 2003, Baidu lanzou un motor de busca de novas e imaxes, adoptando unha tecnoloxía de identificación especial, que era quen de identificar e agrupar os artigos[11].
No ano 2006 Baidu trataba máis de 740 millóns de páxinas, 80 millóns de imaxes e 10 millóns de ficheiros multimedia[12].
En decembro de 2007 converteuse na primeira compañía chinesa en ser incluída no índice NASDAQ-100[13]. En pleno crecemento a empresa pasou de 6000 empregados en 2006 a 10.000 en 2010.
En 2011 Microsoft e Baidu estableceron un acordo nas buscas por Internet, que permitía ao motor de buscas do primeiro, Bing, entrar no mercado chinés e a Baidu internacionalizar as súas actividades. No primeiro cuarto de 2012 Baidu tiña o 78.6% dos ingresos no mercado de buscas na China[14]. En 2012, diversificando aínda máis os seus produtos, lanzou un teléfono intelixente de baixo custe, o Changhong H5018.[15]
Baidu ofrece múltiples servizos[16] para localizar información, produtos e servizos utilizando termos en lingua chinesa, permitindo as buscas por fonética chinesa, buscas avanzadas, correctores, novas, imaxes, vídeo, mapas, tempo, horarios de trens e avións e moita información local. O axente de usuario do motor de busca de Baidu search é baiduspider.[17][18]. Entre os máis coñecidos servizos que ofrece están:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.