rebento da videira, longo e delgado, do cal agroman as follas, os gabiáns e os acios From Wikipedia, the free encyclopedia
O bacelo é o rebento da videira, longo e delgado, do cal agroman as follas, os gabiáns e os acios[1]. Por extensión emprégase o termo noutros cultivos rubideiros coma o kiwi.
Os bacelos, longos, magros e flexíbeis, que agroman cada ano do toro, levan todas as estruturas de crecemento vexetal da planta, é dicir as follas, os gabiáns, as xemas e as inflorescencias que se converterán en acios de bago unha vez chegadas ao seu punto de madureza.[2]
É sobre os bacelos que se efectúa a poda da videira polo inverno, para limitar o seu crecemento e mellorar a produción cualitativa e cuantitativa das uvas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.