O bipedismo é a denominación para a forma de locomoción adoptada parcial ou totalmente por animais tetrápodos sobre as súas dúas extremidades inferiores. Moitas especies, dende aves, mamíferos e réptiles ao longo da historia natural evolucionaron para adoptar esta postura no desprazamento, tanto dinosauros coma a maioría dos terópodos, aves e homínidos.
O bipedismo pode ser obrigatorio, en tal caso o animal desprázase sempre nesta forma. Exemplo de animais que adoptan esta postura poden acharse dende dinosauros terópodos avianos e non avianos até os seres humanos. Doutra banda, o bipedismo será facultativo cando o animal que adopta tanto a postura cuadrúpede coma a bípede (sendo, na maioría dos casos, unha predominante sobre a outra; exemplos deste último caso áchanse entre dinosauros ornitópodos coma o iguanodonte, até primates non humanos coma os chimpancés e gorilas.
Camiñar ergueito supón abrirse a unha cantidade de experiencias na vida dos homininos, debido que as extremidades superiores destes animais atópanse ceibes para a realización de diversas tarefas que son máis dificultosas para os animais cuadrúpedes.
Teorías da aparición do bipedismo
Existen varias teorías sobre a aparición deste fenómeno.
- Para desprazarse polas chairas, ao diminuír a foresta por acción natural ou humana.
- Para o transporte de utensilios coas extremidades superiores.
- Para crear e utilizar utensilios e armas.
- Para transportar alimentos, auga ou crías.
- Para o desprazamento entre as árbores.
- Para alimentarse das árbores.
- Para ver por riba dos pastos e poder vixiar en caso de perigo.
- Para termorregular o seu corpo; camiñar ergueito en horas de calor transmite menos calor ao corpo.
Véxase tamén
Bibliografía
- Darwin, C., The Descent of Man and Selection in Relation to Sex, Murray (Londres), (1871).
- Dawkins, R., The Ancestor's Talle, Weidenfeld and Nicolson (Londres), (2004).
Outros artigos
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.