O parrulo cristado,[2][3] comunmente pato negrón,[4] negrón de carapucha[4] e coronete,[4] (Aythya fuligula) é un anátido mergullador de pequeno tamaño.
Parrulo cristado | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho/Femia | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Aythya fuligula (Linnaeus, 1758) |
Descrición
Os machos adultos son negros, cos lados brancos e o peteiro de cor azul, cunha crista de plumas na cabeza que lle dá o nome á especie. Os ollos son amarelos brillantes.
As femias adultas son castañas cos lados máis pálidos, moi semellantes ás femias doutras especies próximas. Algunhas teñen unha marca branca ó redor do bico.
Distribución e hábitat
Cría en zonas temperadas e do norte de Eurasia. Aparece como visitante ocasional nas costas dos Estados Unidos e o Canadá. Ocuparon Centroeuropa no século XVIII procedentes do oeste e do norte. A expansión que está a sufrir a súa area de distribución atribúese ao aumento das poboacións de mexillóns de auga doce e á aparición de superficies acuáticas novas como consecuencia da extracción de áridos. Os máis dos exemplares son migratorios e pasan os invernos nas zonas máis mornas do oeste e sur de Europa e sur de Asia. Nalgunhas zonas, coma nas illas británicas, as costas do mar do Norte, Alemaña, Francia, Polonia e o Benelux son sedentarios. No inverno forman grandes bandadas en augas abertas.
Vive a carón de lagos e pantanos, pero atópase tamén en ríos, lagoas costeiras, na beira do mar e en estanques urbanos.
Reprodución
Cría en áreas con moita vexetación preto de lagos e pantanos. Fai o niño no chan, agochado entre as plantas. A época reprodutora vai de xuño a xullo e crían os polos ata agosto.
Alimentación
O 60% da súa dieta componse de mexillóns e caracois, un 30% de artrópodos e outros animais pequenos, e o resto de vexetais. Cando busca comida pode mergullarse ata os dous metros de profundidade. En xeral, os pitos son alimentados exclusivamente de insectos.
Status
En Europa crían entre 250.000 e 300.000 parellas. En Rusia entre 400.000 e 500.000.
Ave de adorno
O parrulo cristado, que é unha especie de parrulo atractiva, áxil e fácil de coidar, é unha ave decorativa en parques desde hai moito tempo. No século XVII estaba presentes nos xardíns de Versalles e Londres. En 1848 no zoo londiniense criáronse os primeiros polos nados en catividade.
Nome común noutras linguas
- Alemán:Reiherente
- Búlgaro: Kachulata potapnitsa (Качулата потапница)
- Checo:Polák chocholačka
- Danés:Troldand
- Inglés: Tufted Duck
- Español: Porrón moñudo
- Estoniano: Tuttvart
- Finés Tukkasotka
- Francés: Fuligule morillon
- Húngaro:Kontyos réce
- Islandés: Skúfönd
- Italiano:
- Neerlandés: Kuifeend
- Noruegués: Toppand
- Sueco: Vigg
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.