Un avión comercial ou avión de liña é un avión, xeralmente grande, usado para transportar pasaxeiros e a súa equipaxe. Estes avións están operados por aeroliñas. Aínda que a definición pode cambiar de país a país, un avión de liña defínese tipicamente como un avión para transportar múltiples pasaxeiros ou carga en servizo comercial.
Os avións comerciais con maior capacidade son os avións de fuselaxe ancha. Estes avións xeralmente conteñen un dobre corredor que percorre todo o aparello desde o morro até a cola. O uso deste tipo de aeronaves está normalmente reservado a voos de longa distancia entre centros de conexión.
Os aparellos máis comúns son os de fuselaxe estreita ou avións de único corredor. O uso máis común destes avións é o de voos de curta-media distancia.
As industrias produtoras
Na historia da aviación, unhas poucas industrias dominaron no mercado: a estadounidense Boeing, McDonnell Douglas (adquirida por Boeing) e a Lockheed Corporation, hoxe parte de Lockheed-Martin, que xa non se dedica á aviación civil; as rusas Túpolev, Iliushin e Sukhoi, a ruso-ucraína Antonov, a multinacional europea Airbus e a brasileira Embraer. Outras industrias coñecidas son de Havilland Canada (agora parte de Bombardier), a francesa ATR (hoxe parte de Airbus) e Fokker (declarada en creba no 1996), todas especializadas na construción de aeronaves Turbofan.
Os modelos
Os avións comerciais nacen nos primeiros anos despois da segunda guerra mundial, cando toda a experiencia técnica acuática na carreira de armamentos se aplica á construción de aeronaves dedicadas ao transporte de persoas. O primeiro aéreo en absoluto en desenvolver un servizo a pasaxeiros foi un A.E.G. J.II que o 5 de febreiro aseguraba un voo diario entre Berlín e Weimar. Desde entón, a aviación comercial desenvólvese e impulsa a construción de aeronaves comerciais cada vez máis veloces.
Tipos
Avións de fuselaxe estreita
Os avións de pasaxeiros máis comúns son os de fuselaxe estreita ou corredor único. Estes son avións que adoitan a ter entre 5 e 6 asentos por fila, aínda que dependendo do tamaño e da configuración este número pode ser menor, separados por un corredor.[1] Os primeiros reactores de pasaxeiros eran deste tipo: o primeiro de Havilland Comet, o Boeing 707 e o seu competidor o Douglas DC-8. A estes seguíronlle modelos semellantes máis pequenos: o Douglas DC-9 e os seus derivados MD-80/MD-90/Boeing 717; os Boeing 727, 737 e 757 que usaban a sección transversal da cabina do 707; ou os soviéticos Tupolev Tu-154, Ilyushin Il-18 e Ilyushin Il-62.
Entre os avións de fuselaxe estreita producidos no presente atópanse os Airbus A220 e a familia A320, os Boeing 737 e a familia E-Jet de Embraer E-Jet, que son normalmente usados para voos de alcance medio con de 100 a 240 pasaxeiros.
Avións de fuselaxe ancha
Os máis grandes avións de fuselaxe ancha, ou de dous corredores xa que teñen dous corredores que atravesan a cabina, son usados para voos de longo alcance. O primeiro foi o catrimotor Boeing 747, seguido polos trimotores Lockheed L-1011 e Douglas DC-10, a partir do cal se desenvolvería o MD-11. Posteriormente apareceron outros modelos de catro motores, como os Ilyushin Il-86 e Il-96, o Airbus A340 e o A380 de dobre cuberta. Máis recentemente apareceron tamén bimotores de fuselaxe ancha, como os Airbus A300/A310, A330 e A350, e os Boeing 767, 777 e 787.
Avións rexionais
Os avións de pasaxeiros rexionais levan menos de 100 pasaxeiros. Estes aparellos máis pequenos adoitan a usarse para alimentar o tráfico dos grandes centros de conexións das aeroliñas. Entre os reactorios rexionais atópanse as series Bombardier CRJ100/200 e o Bombardier CRJ700, ou a familia Embraer ERJ. Entre os turbohélice rexionais máis usados no presente entán a serie Dash-8, e os ATR 42/72.
Motores
Até o comezo da era do jet, os motores de pistón eran comúns en propliners como o Douglas DC-3. Case todos os avións modernos están propulsados por motores de turbina, xa sexa turboventiladores ou turbohélices. Os motores de turbina de gas funcionan de maneira eficiente a altitudes moito maiores, son máis fiables que os motores de pistón, e producen menos vibracións e ruído. Outra vantaxe é o uso dun tipo común de combustible, a base de queroseno. Antes da era do jet, era común utilizar motores iguais ou moi similares tanto en avións civís como en avións militares. Nos últimos anos houbo diverxencias, de modo que agora é infrecuente que o mesmo tipo de motor sexa utilizado en avións militares e avións civís. Polo xeral, as aeronaves militares que comparten tecnoloxía de motores con avións comerciais son tipicamente transportes ou tipos de buques tanque.
A configuración a bordo
A disposición dos asentos, a distancia entre fileiras ou pitch e o tipo de clases é unha decisión da aeroliña que opera o avión. En xeral, aeroliña de bandeira como Iberia manterán unha distribución en 2 ou 3 clases dependendo da ruta, mentres que aeroliñas de baixo custo como easyJet ou Ryanair preferirán a economía dun avión cunha soa clase.
Normalmente disponse de tres tipos de asento: primeira clase business e clase económica, de alta densidade ou turista; a diferenza débese á colocación dos postos a bordo, ao espazo dispoñible para as pernas e ao tipo de servizo ofrecido a bordo. Para voos nacionais utilízanse só dúas clases: executiva e económica; mentres que para as rutas internacionais os voos ofrecen dúas ou tres clases.
A configuración de dúas clases úsase por exemplo en Airbus A330, Boeing 767 e Boeing 777; e de tres en Boeing 747, Airbus A380.
Durante o voo, especialmente internacionais, normalmente sérvese comida a bordo, ofrécese a posibilidade de ver unha película ou escoitar música; nos últimos anos os modelos máis modernos proporcionan conexión a Internet ou seguir a ruta do avión. A configuración a bordo e os servizos a bordo son con todo a discreción da compañía aérea que opera o voo.
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.