Avinguda Diagonal

From Wikipedia, the free encyclopedia

Avinguda Diagonalmap

A avinguda Diagonal (en galego: Avenida Diagonal) é unha rúa da cidade de Barcelona, unha das principais arterias da cidade ideada por Ildefons Cerdà dentro do seu plan de ensanche da capital catalá.

Thumb
A Avinguda Diagonal no Eixample.

Características

A Diagonal, como o seu nome indica, atravesa en diagonal toda a cidade de Barcelona, desde o parque do Fòrum, sector coñecido como Diagonal Mar, ata chegar aos límites municipais con Esplugues de Llobregat, no distrito de Les Corts. Durante o seu percorrido de 11 km atravesa vías importantes da cidade como o Paseo de Gràcia, o Paseo de Sant Joan e coa Gran Via de les Corts Catalanes e a Avinguda Meridiana formando a plaça de les Glòries Catalanes, unha praza que segundo Ildefons Cerdà debía ser unha nova centralidade da cidade por este cruzamento de tres vías principais.

Segundo Jesús Portavella cando comezaron a facer o seu trazado, produciuse un erro ao calcular o ángulo co que debería cortar ao paseo de Gràcia e isto provocou que se construíse cunha desviación sobre os plans iniciais de Ildefons Cerdà. Este erro provocou que algunhas grandes masías de Les Corts que nos planos de Cerdà quedaban intactas fosen derrubadas a principios do século XX.[1]

Ao redor da Diagonal construíuse a sede de entidades financeiras e centros comerciais, importantes edificios modernistas como a Casa de les Punxes e campus universitarios. No distrito de les Corts, na zona alta da Diagonal, atópase a zona universitaria da Universidade de Barcelona e a Universidade Politécnica de Cataluña; no distrito de Sant Martí está o Campus de Comunicación-Poblenou da Universidade Pompeu Fabra, e está pendente de construción en Diagonal Mar o Campus do Besòs. Entre outros, tamén cabe destacar o Palau Reial de Pedralbes que é a actual sede permanente da Unión polo Mediterráneo.

Denominación

Os diferentes réximes que ostentaron o poder en Cataluña e España durante os séculos XIX e XX trataron de borrar a herdanza dos réximes anteriores cambiando os nomes das rúas da cidade, e a avenida Diagonal non é unha excepción.

A avenida ao longo do século pasado coñeceuse baixo os seguintes nomes:

Cabe sinalar, con todo, que popularmente o nome de "Diagonal" sempre prevaleceu.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.