pintora portuguesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Maria Aurélia Martins de Sousa (tamén Souza, antiga ortografía) nada en Valparaíso, Chile o 13 de xuño de 1866[1] e finada no Porto o 26 de maio de 1922, foi unha pintora portuguesa.
Nome orixinal | (pt) Maria Aurélia Martins de Sousa |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Maria Aurélia Martins de Souza 13 de xuño de 1866 Valparaíso, Chile |
Morte | 26 de maio de 1922 (55 anos) Porto, Portugal |
Educación | Universidade do Porto |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | Porto |
Ocupación | pintora |
Filla de emigrantes portugueses no Brasil e no Chile, Aurélia de Sousa naceu en Valparaíso, filla de António Martins de Sousa e de Olinda Peres. Era a cuarta de sete fillos do casal. Trasladouse a Portugal, xuntamente cos pais, con apenas tres anos. Pasou a habitar a Quinta da China, xunto ao río Douro, no Porto, comprada por seu pai, que faleceu en 1874, cando Aurélia tiña tan só oito anos.
Aos dezaseis anos, comezou a ter clases de deseño e pintura con António da Costa Lima e pintou o seu primeiro autorretrato. En 1893, entrou para a Academia de Belas-Artes do Porto, onde foi alumna de João Marques de Oliveira, quen influenciou amplamente a súa obra posterior. En 1898, Aurélia mudouse a París onde acudiu, na Academia Julian, os cursos de Jean-Paul Laurens e de Jean-Joseph Benjamin-Constant[2].
Realizou as primeiras exposicións e durante os tres anos seguintes viaxou e visitou os museos de Bruxelas, Anveres, Berlín, Roma, Florencia, Venecia, Madrid e Sevilla. Tendo regresado a Portugal en 1901, desenvolveu intensa actividade como ilustradora e participou regularmente na vida artística portuense, expondo na Sociedade de Belas-Artes do Porto, na Galería da Misericórdia e anualmente na Sociedade Nacional de Belas-Artes, en Lisboa.
Pasou a última fase da súa vida residindo na Quinta da China, onde faleceu en 1922 con cincuenta e cinco anos.
A súa obra denota influencia dos estilos de pintura máis innovadores do seu tempo. Pintou nun estilo naturalista moi persoal, ás veces con influencias realistas, impresionistas e postimpresionistas.
Nas palabras da biógrafa Raquel Henriques da Silva, a obra de Aurélia de Sousa "rexistra a silenciosa narrativa da casa: a presenza da vella mai, os afaceres das mulleres e dos nenos, os cantos escuros da cociña e do atelier, as tardes en que a luz se confunde coas roupas de verán, os camiños campestres ou as vistas do río. Practica unha pintura vigorosa, raramente volumétrica, detida na análise das sombras para nelas captar a luz"[3].
Entre as súas principais obras, caracterizadas pola forza da expresión técnica e artística, encóntranse "Santo António", "Cabeza de italiano", "Cena familiar", "Muíño-Granxa", "Porcelanas antigas", "Cristo resucitando e a filla de Xairo", "Río Douro-Areiño" e o seu "Auto-retrato" (c. 1900), unha das obras-primas da pintura portuguesa de todos os tempos.
Parte da súa obra encóntrase hoxe no Museu Nacional de Soares dos Reis e na Casa-Museu Marta Ortigão Sampaio, ambos no Porto.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.