August Ames

actriz pornográfica canadiense From Wikipedia, the free encyclopedia

August Ames
Remove ads

August Ames, nada Mercedes Grabowski en Antigonish o 23 de agosto de 1994 e finada en Camarillo o 5 de decembro de 2017, foi unha modelo e actriz pornográfica canadense. Apareceu en case 270 filmes e recibiu varias candidaturas para os premios AVN.[1][2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

De ascendencia polaca e tamén con sangue afroamericana. Súa nai padecía trastorno bipolar[3] e tanto ela como seu pai traballaban no exército e, aínda que naceu en Nova Escocia, criouse en Petawawa en Ontario ao estar seus pais destinados na súa gornición[4]. Ames afirmou que sufriu reiteradamente abusos sexuais por parte do seu avó paterno pero que o seu pai non lle deu credibilidade e con doce anos enviouna a vivir durante un tempo nunha casa de acollida[5] e foi ao instituto en Oromocto en Nova Brunswick. A partir dos catorce anos traballou durante dous veráns nun rancho en Colorado Springs no estado norteamericano de Colorado, o seu traballo consistía principalmente en limpar as cortes e darlles cursos de equitación a nenos discapacitados. Tras rematar os estudos foi instrutora de ioga e zumba. Para darlle un xiro á súa vida envioulles peticións de traballo a diversas axencias de modelos para adultos[6].

Actriz porno

A súa traxectoria como actriz porno comezou con 19 anos en novembro de 2013. A súa primeira actuación foi unha escena en solitario de fetichismo de lencería, a súa primeira escena cun home foi para o filme Selfies de Wicked Pictures e ao longo da súa carreira evitou toda escena anal. Traballou en arredor de 270 filmes[3] para diversos estudios, como Brazzers, Elegant Angel, Evil Angel, Girlfriends Films, Jules Jordan Video, New Sensations ou Sweetheart Video[7]. Foi candidata a catro AVN Awards, tres deles á mellor artista feminina do ano[8]. En 2016 actuou nun filme non pornográfico Model for Murder: The Centerfold Killer[9]

En decembro de 2017 negouse a rodar unha escena para EroticaX ao coñecer que o actor co que tiña que relacionarse traballara en filmes porno gais e non se sometera a probas de enfermidades de transmisión sexual. O 3 de decembro de 2017 Ames chiou en Twitter[10] o seu malestar e axiña xurdiu un debate na rede social, con críticas e acusacións de homofobia [11][12].

Morte

O 5 de decembro, dous días despois, atopárona morta nun parque na localidade californiana de Camarillo[13][14] A oficina de medicina legal do condado de Ventura estableceu que fora un suicicido debido a asfixia por enforcamento[15]. Na autopsia, os resultados toxicolóxicos revelaron que no momento da súa morte no seu sistema había restos de cocaína, marihuana, o antidepresivo Sertralina e o ansiolítico Alprazolam[16]. Fontes próximas á vítima afirmaron que foi o acoso virtual o que conduciu á súa morte[17]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads